Tune-Yards (estilizado como tUnE-yArDs) é o proxecto musical da nativa de Nova Inglaterra Merrill Garbus (nada o 3 de marzo de 1979), xunto co baixista Nate Brenner. A música de Garbus inspírase nunha ecléctica variedade de fontes e utiliza elementos como pedais de bucle, ukulele, voces, e percusión lo-fi. O seu álbum de 2011, Whokill, foi número 1 nese ano na enquisa de críticos Pazz and Jop da publicación The Village Voice's.
O álbum Nikki Nack foi publicado en 2014, co seu primeiro sinxelo, "Water Fountain", que foi escollido por Google Pixel en 2016 para unha campaña publicitaria. O álbum I Can Feel You Creep Into My Private Life foi editado en xaneiro de 2018. O seu derradeiro traballo é unha atmosférica banda sonora para o filme Sorry to Bother You.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloBird-Brains2009Marriage Records, 4ADWhokill20114ADNikki Nack20144ADI Can Feel You Creep Into My Private Life20184ADSorry to Bother You20194ADSketchy20214ADBetter Dreaming20254AD
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 2006