Bandcamp é unha compañía estadounidense de música en liña fundada no ano 2008 polo cofundador de Oddpost Ethan Diamond e os programadores Shawn Grunberger, Joe Holt e Neal Tucker. A empresa ten a súa sede en Oakland, California.

Modelo Artistas e selos discográficos soben música a Bandcamp e controlan como queren vendela, poñendo os seus propios prezos, ofrecendo aos fans a opción de poder pagar máis e vendendo mercadotecnia.

Os fans poden descargar as súas compras ou escoitalas a través da páxina ou da aplicación de Bandcamp. Tamén poden enviar música mercada como regalo, ver as letras, e engadir cancións individuais ou álbums a unha lista de desexos. Subir música a Bandcamp e gratis, e a compañía faise cunha porcentaxe das vendas feitas dende a súa páxina (15% en música e 10% en mercadotecnia), porcentaxe que baixa ao 10% cando as vendas dun artista superan os 5 000 dólares.

As descargas ofrécense tanto en formatos con perdas como MP3 (320k ou V0), AAC e Ogg Vorbis así como en formatos sen perdas como FLAC, ALAC, WAV e AIFF. Ademais das descargas dixitais os artistas poden ofrecer a compra da súa música en formatos físicos como CDs ou vinilos.

A páxina de Bandcamp ofrece aos usuarios acceso a unha páxina de artista con información, ligazóns a redes sociais, ligazóns a mercadotecnia e listando a súa música dispoñible. Os artistas poden cambiar o aspecto da súa páxina e personalizar as súas características.

Notas

Categoría:Sitios web de música Categoría:Servizos de streaming