Leopoldo Pedreira Taibo, nado na Coruña o 4 de agosto de 1869 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 1915,El Eco de Galicia, 13-9-1915, p. 1. foi un profesor, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Licenciado e doutorado en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. Aos 25 anos obtivo unha cátedra de Instituto e foi profesor de Xeografía e Historia en San Cristóbal de La Laguna, Baeza, Cuenca e dende 1907 na Coruña. Sendo estudante colaborou en La Voz de Galicia; en Madrid foi redactor da Revista Contemporánea e da Ilustración Nacional e colaborou en Unión Católica, La Justicia e El Globo; nas Canarias dirixiu Diario de La Laguna, El Lagunero e Aguerre; en Cuenca foi un dos fundadores de Las Noticias e colaborou en El Progreso Conquense, Correo Católico e Juventud; na Coruña foi asiduo colaborador de La Voz de Galicia, Galicia Solidaria, Tierra Gallega e El Eco de Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras Ensaio miniatura|page=|Rudimentos de geografía para uso de alumnos de los Institutos Generales y Técnicos. Concepto de la patria, 1892. El Regionalismo en Galicia, 1894. Lo que es Bilbao y lo que podrá ser a finales de siglo, 1902. La enseñanza de la Geografía, lo que es y lo que debe ser en España, 1903. ¿Verdes o negros?, 1909. Ensayo de antología geográfica, 1910. Rudimentos de Geografía. Primera parte. Preliminares y Europa, 1911. Rudimentos de Geografía. Segunda parte. América, Asia, Australia, Polinesia, geografía comparada y sintética, 1914. Descripción de España. Nociones elementales de geografía nacional, 1915. Cuadros de historia Universal, 1914. Poesía Desde la terraza, 1912. Recoñecementos Cruz de Afonso XII.
Vida persoal
Casou con Luciana Deibe e foi pai de Felipe Pedreira Deibe.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Profesores Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos