miniatura|240px|Ichthyaetus audouinii en Grecia. miniatura|240px|Ichthyaetus melanocephalus no mar Caspio.
Ichthyaetus é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros e familia dos láridos.
Compfrende seis especies que se distribúen en partes de Europa, Asia e África.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup,Ichthyaetus Kaup, 1829 no ITIS. na súa obra Skizze zur Entwickelungsgeschichte der europäischen Thierwelt.Ichthyaetus en Wikispecies.
Etimoloxía O nome científico Ichthyaetus está formado pola unión dos elementos do latín científico ichthy- e -aetos, tirados das voces do grego antigo ἰχθύς ichthýs, "peixe", e ἀετός aetós, "aguia".
Nota taxonómica Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse neste xénero, entre elas as que se integran hoxe no xénero Ichthyaetus , incluso ao longo do século XX.Dwight, J. (1925): "The Gulls of the World". Bulletin of the American Museum of Natural History 52: 63-401.Moynihan, M. (1959): "A revision of the family Laridae (Aves)". American Museum Novitates 1928: 1–42. Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.
En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.<ref name=Pons>Pons, J. M., Hassanin, A. & Crochet, P. A. (2005): "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular phylogenetics and evolution 37 (3): 686-699.</ref> Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía, e o outro sobre caracteres moleculares, avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros: Chroicocephalus (11 especies) Hydrocoloeus (2 especies) Ichthyaetus (6 especies) Larus (24 especies) Leucophaeus (5 especies) Saundersilarus (1 especie).
Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.Sangster, G, Collinson, J. M., Knox, A. G., Parkin, D. T. & Svensson, L. (2007): "Taxonomic recommendations for British birds: Fourth report". Ibis 149 (4): 853– 857.Banks, R. C., Chesser, R. T., Cicero, C., Dunn, J. L., Kratter, A. W., Lovette, I. J., Rasmussen, P. C., Remsen, J. V. Jr., Rising, J. D., Stotz, D. F. & Winker, K. (2008): "Forty-ninth supplement to the American Ornithologists’ Union check-list of North Americancan birds" The Auk 125 (3): 758–768.
Até comezos do século XXI as hoxe recoñecidas como súas especies incluíanse no xénero Larus como subxéneros, pero en 2005 propúxose que varios dos subxéneros que compoñían Larus foran ascendidos á categoría de xéneros válidos, proposta que foi aceptada polo Congreso Ornitolóxico Internacional.
Especies Na acualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies:Ver Ichthyaetos en "Familiy Laridae", na IOC World Bird List. Versión 9.2, 2019. Consultada o 8 de decembro de 2019. Gaivota de ollos brancos (Ichthyaetus leucophthalmus) (Temminck, 1825) Gaivota fulixinosa (Ichthyaetus hemprichii) (Bruch, 1853) Gaivotón de cabeza negra (Ichthyaetus ichthyaetus) (Pallas, 1773) Gaivota de Audouin (Ichthyaetus audouinii) (Payraudeau, 1826) Gaivota de cabeza negra (Ichthyaetus melanocephalus) (Temminck, 1820) Ichthyaetus relictus (Lonnberg, 1931)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cramp, Stanley & Simmons, K. E. L. (1985): Handbook or the Birds of Europe, the Middle East and North Africa: the Birds of the Western Palearctic. Vol. 4: Terns to Woodpeckers. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7507-8. del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines''. Barcelona, España / Cambridge, UK: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos Caradriformes Laros Láridos
Categoría:Láridos