Double Star, tamén coñecido como Tan Ce (TC), foi unha misión espacial conxunta de Europa e China consistente en dous satélites artificiais lanzados para o estudo dos efectos do Sol na contorna da Terra.

Características As naves da misión foron denominadas Double Star 1 e Double Star 2. A primeira (denominada TC-1) foi lanzada o 29 de decembro de 2003 nunha órbita ecuatorial para estudar os denominados procesos de subtormenta e a entrada de partículas solares na parte frontal da magnetosfera terrestre. A segunda (TC-2) foi enviada a unha órbita polar o 25 de xullo de 2004 co fin de medir a entrada de enerxía do vento solar na ionosfera. Xunto coas naves da misión Cluster II recolléronse datos para entender o proceso de inicio e os mecanismos físicos implicados das subtormentas xeomagnéticas.

Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes CZ-2C. Tiñan forma cilíndrica, cun diámetro duns 2,1 m e unha altura de 1,4 m. Cada un tiña unha masa duns 270 kg. TC-1 reentrou na atmosfera o 14 de outubro de 2017, desintegrándose durante o descenso.

Notas

</ref> </ref>

Véxase tamén Outros artigos CZ-2C Cluster II

Categoría:Satélites artificiais