I See a Darkness é o sexto álbum de estudio do músico estadounidense Bonnie "Prince" Billy, publicado o 19 de xaneiro de 1999 a través do selo Palace Records. Trátase do seu primeiro disco editado co nome de Bonnie "Prince" Billy. O álbum inclúe colaboracións de Bob Arellano, Colin Gagon, Paul Oldham, David Pajo e Peter Townsend.
No ano 2003 a publicación en liña Pitchfork Media escolleu I See a Darkness como o noveno mellor álbum dos anos 90.
Recepción I See a Darkness recibiu unha ampla aclamación da crítica musical. Samir Khan de Pitchfork describiu o álbum como a "oferta total" de Oldham e o "tipo de disco que esixe reverencia solitaria". Gregg Rounds de AllMusic escribiu que mostraba "un estilo máis melódico do que podería estar acostumado o veterano oínte de Palace", mentres que ao mesmo tempo sinalou que Oldham "non abandonou a súa base de letras mordaces e arranxos minimalistas, pero construíu unha variedade de capas diferentes que fan deste álbum unha experiencia auditiva emotiva e pracenteira". Stephen Thompson de The A.V. Club remarcou que I See a Darkness foi a "síntese máis apropiada ata agora da voz e da banda de acompañamento de Oldham". Simon Williams, de NME, mostrouse máis reservado nos seus eloxios ao álbum, e aconsellou aos oíntes que "a paciencia é unha virtude" mentres o cualificou de "disco delicado e intelixente".
Legado I See a Darkness apareceu nas listas de mellores álbums de varias publicacións. En 2003 Pitchfork colocouno como o noveno mellor álbum dos anos 90. En 2004 Stylus Magazine situou I See a Darkness no número 171 da súa lista dos 200 mellores álbums de todos os tempos, e en 2006 Mojo considerouno un "clásico moderno" e o vixésimo mellor álbum publicado durante a vida da revista."The 100 Greatest Albums of Our Lifetime". Mojo (150): 65. Maio de 2006 O álbum tamén foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.
En 2002, Matt LeMay de Stylus Magazine escribiu que "ao abordar conceptos tan grandiosos con tanta sinceridade e habilidade, o álbum é incriblemente poderoso ata nas circunstancias máis mundanas". Revisando a súa reedición de 2012, Aaron Lavery de Drowned in Sound falou de I See a Darkness como o "melljor logro ata agora" de Oldham e o "lanzamento esencial" na súa discografía. Q citou o álbum como "a súa obra mestra, introducindo un estilo de composición directa e menos mítico"."Bonnie "Prince" Billy: I See a Darkness". Q: 113. 2012
Johnny Cash gravou a canción principal no seu álbum de 2000 American III: Solitary Man, con Oldham facendo coros. Steve Adey tamén versionou a canción principal no seu álbum de 2006 All Things Real. Rosalía interpretou a canción no seu primeiro álbum Los Ángeles en 2017.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Will Oldham Categoría:Álbums musicais de 1999 Categoría:Álbums de Domino Records