Savages é unha banda inglesa de post-punk formada no ano 2011 en Londres. O seu álbum de estrea, Silence Yourself, foi editado o 6 de maio de 2013 a través do selo Matador Records. O disco chegou ao número 19 da lista británica de álbums en maio de 2013 e foi aclamado pola crítica. Tamén chegou ao número 5 das listas irlandesa e británica de álbums independentes, e ao 13 na estadounidense Billboard Independent Albums. O segundo álbum da banda, Adore Life, foi editado o 22 de xaneiro de 2016. Os dous traballos foron nomeados para o Mercury Prize, en 2013 e 2016 respectivamente.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloSilence Yourself2013Matador RecordsAdore Life2016Matador Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 2011 Categoría:Bandas de mulleres