Janet Lee Weiss, nada o 24 de setembro de 1965, é unha batería estadounidense coñecida por ser antiga membro da banda Sleater-Kinney e por tocar no presente en Quasi. Tamén foi batería en Stephen Malkmus and the Jicks, deixando o grupo despois do álbum Mirror Traffic, e contribuíu no cuaro disco de The Shins, Port of Morrow (2012). Weiss tamén foi a batería do supergrupo Wild Flag.
Weiss está moi ben considerada como batería; a revista Stylus Magazine listouna en 2007 no número 48 da súa lista dos 50 mellores baterías de rock, mentres que en 2014 LA Weekly colocouna no posto 12 do seu top 20. En 2016 a Rolling Stone listouna no número 90 na lista dos 100 mellores baterías de rock e pop, e en 2018 NME púxoa no 25 da súa lista dos mellores 32 baterías de rock.
Notas
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Baterías