Kawa é un filme neozelandés de 2010 dirixido por Katie Wolfe. Está protagonizado por Calvin Tuteao no papel de Kawariki. Trátase dun drama romántico baseado na novela Nights in the Gardens of Spain do escritor maorí Witi Ihimaera.
Sinopse Conta a historia de Kawariki (Calvin Tuteao), un home maorí en aparencia felizmente casado con Annabelle (Nathalie Boltt). O seu pai, Hamiora (George Henare), retírase e de acordo coa tradición maorí, Kawariki debería estar preparado para substituír o seu pai como cabeza de familia. Porén, debe manter a súa integridade e revelar o seu segredo que mantén dende a súa nenez, a súa homosexualidade. Durante anos, loitou contra eses sentimentos, mais frecuenta baños gais e ten unha relación amorosa con Chris (Dean O'Gorman).
Personaxes Calvin Tuteao como Kawariki Nathalie Boltt como Annabelle George Henare como Hamiora Vicky Haughton como Grace Dean O'Gorman como Chris Pana Hema Taylor como Sebastian Miriama-Jane Devantier como Miranda Geoffrey Snell como Walter Jarod Rawiri como Wayne Jack Walley como Coach Bridget Pyc como Emily
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua maorí Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Nova Zelandia