Fin de siglo é un filme arxentino de 2019 dirixido por Lucio Castro.Glenn Kenny, "‘End of the Century’ Review: A Vacation Veers Into Existential States". The New York Times, 15 de agosto de 2019. Está protagonizado por Juan Barberini no papel de Ocho, un home arxentino de vacacións en Barcelona que ten un encontro sexual casual con Javi (Ramon Pujol). Porén, ámbolos dous descobren que xa se coñeceran 20 anos antes, en 1999, cando estaban no armario e demasiado temerosos de comezar unha relación entre eles.Keith Uhlich, "'End of the Century': Film Review | New Directors/New Films 2019". The Hollywood Reporter, 30 de marzo de 2019. O filme tamén conta coa interpretación de Mía Maestro como Sonia, a moza de Javi no momento do primeiro encontro.
Estreouse no New Directors/New Films Festival o 30 de marzo de 2019.Jude Dry, "‘End of the Century’ Trailer: Swooning Gay Romance Is the Argentine Answer to ‘Weekend’". IndieWire, 17 de xullo de 2019. Posteriormente tivo a súa estrea na Arxentina o 8 de abril no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires, onde gañou o premio ó mellor filme arxentino."BAFICI 2019: “The Unicorn” y “Fin de siglo” fueron las grandes ganadoras" . Otros Cines, 13 de abril de 2019. Tamén se estreou en festivais de cinema xeneralistas e de temática LGBT, e gañou o premio ó mellor filme no Festival de Cinema Frameline.John Seal, "Big Screen Berkeley: ‘End of the Century’ and ‘Britt-Marie Was Here’". Berkeleyside, 26 de setembro de 2019.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes sobre temática LGBT da Arxentina Categoría:Filmes ambientados en Barcelona