Au Revoir Simone é unha banda estadounidense de indie pop procedente de Williamsburg, Brooklyn, Nova York, formado no ano 2003. O grupo está composto por Erika Forster (voces, teclados), Annie Hart (voces, teclados, baixo) e Heather D'Angelo (voces, caixa de ritmos, teclados).

O nome da banda procede dunha liña que lle di Pee-wee Herman a un personaxe secundario (chamado Simone) na película de 1985 de Tim Burton Pee-wee's Big Adventure. As inspiracións musicais do grupo foron comparadas polo selo europeo da banda, Moshi Moshi Records, a "unha tenda musical de segunda man minuciosamente minada"; entres esas diversas influencias están Modest Mouse, Stereolab, The Mountain Goats, Louis Prima, Pavement, The Beach Boys, Björk, Broadcast, Belle & Sebastian, David Bowie, Bee Gees e Billie Holiday.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloVerses of Comfort, Assurance & Salvation2005Our Secret Record CompanyThe Bird of Music2007Our Secret Record CompanyStill Night, Still Light2009Our Secret Record CompanyMove in Spectrums2013Instant Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Brooklyn‎ Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 2003 Categoría:Bandas de mulleres