Georgi Timofeievich Dobrovolski foi un cosmonauta soviético que participou na misión Soiuz 11 e que formou parte da primeira tripulación enviada á primeira estación espacial, a Saliut 1. Pasou un total de 23,76 días no espazo e faleceu ao regreso da misión xunto co resto dos tripulantes debido á despresurización da cápsula durante a reentrada, o 30 de xuño de 1971.
Dobrovolski naceu o 1 de xuño de 1928 en Odesa, Ucraína. Gradouse Academia Militar da Forza Aérea en Monino, oblast de Moscova, en 1961. Foi seleccionado como cosmonauta e adestrado entre 1963 e 1965.
Unha rúa en Kaluga, unha escola en Odesa e un asteroide levan o seu nome.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 11
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados na rexión de Odesa Categoría:Finados na exploración espacial