The Associates (ou sinxelamente Associates) foi unha banda escocesa de post-punk formada en Dundee en 1979 polo vocalista Billy MacKenzie e o guitarrista Alan Rankine. O grupo comezou a gañar recoñecemento tras publicar unha versión non autorizada do tema de David Bowie "Boys Keep Swinging" como sinxelo de estrea en 1979, o cal lles conseguiu un contrato co selo Fiction Records. Posteriormente apareceu o seu álbum de estrea, The Affectionate Punch, en 1980 e a colección de sinxelos Fourth Drawer Down en 1981, ámbolos dous traballos loubados pola crítica.

No ano 1982 conseguiron o éxito comercial co álbum Sulk e os sinxelos "Party Fears Two" e "Club Country", e durante ese tempo foron asociados ao movemento New Pop. Rankine deixou o grupo ese ano, deixando a MacKenzie gravar co nome de The Associates ata 1990. A banda reuniuse brevemente en 1993. MacKenzie suicidouse no ano 1997.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloThe Affectionate Punch1980Fiction RecordsSulk1982Beggars Banquet RecordsPerhaps1985WEAWild and Lonely1990Circa Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Escocia Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais de pop experimental Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais formados en 1979