miniatura|260px|Tumba de Ernst Hartert en Waldfriedhof Dahlem, Berlín.

Ernst Johann Otto Hartert, nado en Hamburgo o 29 de outubro de 1859 e finado en Berlín o 11 de novembro de 1933, foi un zoólogo alemán especializado en ornitoloxía.

Traxectoria Desde mozo interesouse pola zooloxía e, en particular, pola ornitoloxía. Vixou África e ao Oriente Medio. En 1892 foi contratado por Lionel Walter Rothschild como conservador ornitolóxico do seu museo privado en Tring, cargo no que permaneceu até 1929.

Hartert publicou trimestralmnte o diario do museo Novitates Zoologicae (1894-1939) con Rothschild, e Hand List of British Birds (1912) con Jourdain, Ticehurst e Witherby. Escribiu tamén Die Vögel der paläarktishen Fauna (1903-1922) e viaxou pola India, África e Suramérica pola conta do seu patrón.

En 1930 retirouse a Berlín, onde morreu o 11 de novembro de 1933.

Hartert foi o mentor de Erwin Stresemann, cuxos restos cremados foron enterrados na tumba de Hartert en 1972.Nöring, Rolf (1973): "Erwin Stresemann. 22-11-1889 – 20-11-1972". Journal für Ornithologie 114: 455-500 .

Outras publicacións Entre as obras escritas por Ernst Hartert están:A lista completa das publicacións de Hartert encóntrase no seu obituario, .

1891: Katalog der Vogelsammlung im Museum der Senckenbergischen Naturforschenden Gesellschaft in Frankfurt am Main 1897: Podargidae, Caprimulgidae und Macropterygidae. 1897: Das Tierreich. Podargidae, Caprimulgidae und Macropterygidae. (Reeditado en 2016 en Norderstedt, Schleswig-Holstein, Alemaña, por Hansebooks. ISBN 978-3-7428-4684-6.) 1900: Trochilidae . (Reeditado en 2019 en inglés, en Sydney, Nova Gales do Sur, Australia, por Wentworth Press. ISBN 978-0-5263-9975-8.) 1902: Aus den Wanderjahren eines Naturforschers: Reisen und Forschungen in Afrika, Asien und Amerika, nebst daran anknüpfenden, meist ornithologischen Studien. 1903: Ueber die Pipriden-Gattung Masius Bp. 1910–1922: Die Vögel der paläarktischen Fauna: Systematische Übersicht der in Europa, Nord-asien und der Mittelmeerregion vorkommenden Vögel. 3 vol. 1920: Die Vögel Europas Abreviatura A abreviatura Hartert emprégase para recoñecer Ernst Hartert como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Epónimos Unha especie de lagarto, Hemiphyllodactylus harterti , foi así nomeada na súa honra.Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. Así mesmo, os nomes de 12 especies de aves foron dedicados a este autor.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Witherby, H. F. (1933): "Ernst Johann Otto Hartert". En Nature, v. 123, nº 3344. Stresemann, E. (1967): "Hartert, Ernst Johann Otto". En Neue Deutsche Biographie'', Volume 7, p. 711. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0188-5.

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Ornitólogos de Alemaña Categoría:Exploradores Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1933