Unbelievable é unha miniserie web estadounidense de 2019 protagonizada por Toni Collette, Merritt Wever e Kaitlyn Dever. A historia conta o caso dunha serie de violacións ocorridas nos estados de Washington e Colorado. A serie foi creada conxuntamente por Susannah Grant, Ayelet Waldman e Michael Chabon. Os tres, xunto con Sarah Timberman, Carl Beverly e Katie Couric foron os produtores executivos. Estreouse internacionalmente o 13 de setembro de 2019 a través de Netflix.

A miniserie está baseada nun artigo de 2015 titulado "An Unbelievable Story of Rape", escrito por T. Christian Miller e Ken Armstrong, que foi publicado orixinalmente por ProPublica e The Marshall Project. A serie recibiu a aclamación da crítica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019