Stranger than Fiction é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Marc Forster, producido por Lindsay Doran e escrito por Zach Helm. Está protagonizado por Will Ferrell, Maggie Gyllenhaal, Dustin Hoffman, Queen Latifah e Emma Thompson. O argumento principal segue a historia de Harold Crick (Ferrell), un traballador que comeza a escoitar unha voz que narra todo o que ocorre na súa vida. Segundo esta voz, el como protagonista principal, vai morrer de maneira inminente. O filme foi rodado en Chicago, e foi ben acollido pola crítica pola súa innovación, historia intelixente e interpretacións. Ferrell, quen protagonizara anteriormente comedias disparatadas, conseguiu unha atención especial por ofrecer unha actuación moderada no seu primeiro papel dramático como protagonista.
Stranger than Fiction foi distribuído por Columbia Pictures o 10 de novembro de 2006. Após a súa estrea, foi eloxiado polos seus temas, o humor e as interpretacións. Malia o éxito da crítica, o filme só conseguiu recadar 53 millóns de dólares sobre un orzamento de 30 millóns.
Personaxes Will Ferrell como Harold Crick Maggie Gyllenhaal como Ana Pascal Emma Thompson como Karen Eiffel Dustin Hoffman como Profesor Jules Hilbert Queen Latifah como Penny Escher Tony Hale como Dave Tom Hulce como Dr. Cayly Linda Hunt como Dr. Mittag-Leffler Kristin Chenoweth como presentadora da canle de libros
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Marc Forster Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes sobre escritores