Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos é un libro de divulgación, publicado en 2019 pola Editorial SM e a Real Sociedad Matemática Española dentro da colección «Biblioteca estímulos matemáticos» coordinado por Marta Macho Stadler.

Características

A obra achega a vida e o labor de trece matemáticas de diferentes disciplinas como a álxebra, a xeometría, o cálculo, a estatística, a computación ou a aeronáutica. Tamén están representadas científicas de distintas nacionalidades e épocas: dende afamadas traxectorias como as de Ada Lovelace, Sophie Germain, Katherine Johnson ou Gertrude Blanch a outras máis descoñecidas para o gran público como Rózsa Péter ou Caroline Herschel. miniatura|Presentación do libro no CDRF, 2019. As persoas responsables desta obra en colaboración proceden do campo da investigación, a ciencia e o ensino matemático:

Ainhoa Berciano Alcaraz, "La realidad y la abstracción: dos mundos conectados por Emma Castelnuovo" Vanesa Calero Branco, "La intuición y la pasión por saber de Sophie Germain" Natàlia Castelá Vila, " G de Graciela" Aída Inmaculada Coello Pérez, "El amanecer de los ordenadores en la época victoriana: Ada Lovelace.." Manuel de León Rodríguez, "La muchacha persa" Irene Ferrando Pombais, "Rózsa Politzer, Rózsa Péter, Rózsa Péter, ... Jugando con el infinito" Marta Macho Stadler, "La prodigiosa calculadora Katherine Johnson, una de las “figuras ocultas”" Miguel Anxo Mirás Calvo e Carmen Quinteiro Sandomingo, "Caroline Herschel" Juan J. Moreno Balcázar, "Gertrude Blanch, una pionera del análisis numérico" Edith Padrón Fernández, "Tomando un té con Emmy" María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar, "María Wonenburger, una matemática ejemplar. Aprendiendo matemáticas en los escenarios de su vida" María Teresa Valdecantos Dema, "Florence Nightingale" Amelia Verdejo Rodríguez, "Sofia Kovalevsky"

O libro representa unha homenaxe as mulleres científicas que a pesar das súas dificultades de recoñecemento por unha cuestión histórica de xénero, brillaron como matemáticas. Visualiza con rigor pero de forma entretida aquelas científicas que foron piares desta materia durante xeracións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Índice da obra

Categoría:Ensaios en castelán Categoría:Obras literarias de 2019 Categoría:Matemáticas