Marianne (pronunciado [maʁjan]) é unha figura alegórica, personificación nacional da República Francesa desde a Revolución Francesa, que representa a liberdade e a razón."Marianne: Embora a Constituição de 1958 tenha privilegiado a bandeira tricolor como emblema nacional, a Marianne é a personificação da República Francesa". Embaixada da França no Brasil.
Marianne amósase en moitos contextos en Francia e ocupa os lugares de honra en institucións como os concellos ou os tribunais de xustiza. Forma parte dos motivos representados no Triunfo da República, unha escultura de bronce que se ve desde a Place de la Nation, en París, e tamén aparece representada, xunto con outra estatua, na Place de la République, da capital francesa. Do mesmo xeito, o seu perfil utilízase no logotipo oficial do Goberno francés, é reprodúcese tamén nas moedas de francesas con valores en euro (e nas do anterior sistema do Franco), e nos selos de correos de Francia."Marianne on French stamps". En Abelard.org.
Marianne é un dos símbolos máis salientables da República Francesa e úsase adoito con carácter oficial na maioría de documentos administrativos."La Marianne-2000 divise la République". En LaDepeche.fr. 29 de setembro de 1999. Como icona nacional e símbolo republicano, Marianne representa a oposición á monarquía (que ten como equivalente en Xoana de Arco) e o triunfo da liberdade e da democracia sobre calquera xeito de opresión. Outros símbolos nacionais de Francia son a bandeira tricolor, o lema nacional Liberté, Égalité, Fraternité, "A Marsellesa" como himno nacional, o escudo, e o Gran Selo de Francia.
miniatura|Marianne nunha moeda da I República Francesa (ano 4). Gravador: Augustin Dupré. miniatura|140px|Marian como sementadora dun selo de correos francés de 1927
Orixe do nome Nos tempos da Revolución Francesa, as xentes máis populares estaban a loitar polos seus dereitos, polo que (segundo a teoría máis habitual) se considerou apropiado nomear a República cos nomes máis comúns das mulleres francesas: Marie e Anne.
Segundo a documentación, a primeira mención escrita do nome de Marianne para designar a República produciuse en outubro de 1792 en Puylaurens, preto de Tolosa. Naquela época, a xente cantaba unha canción en occitano que di: La garisou de Marianno ("A recuperación de Marianne"). Na época, Marie-Anne era un nome moi popular e, segundo Agulhon "foi escollido para se referir a un réxime que tamén se vía como moi popular."Agulhon, M. (1981). Páxina 10.Laux, C. (1983).
Segundo outra teoría, o nome tomouse do xesuíta español Juan de Mariana, un combatente contra o absolutismo do século XVI e teórico do tiranicidio.Suárez, C. A. (2012). "Las huellas de Marianne o el itinerario republicano en el Sur de América". En Sin Permiso. 18 de novembro.Gauthier, F. (2006). "De Juan de Mariana a Robespierre. Entrevista". En Sin Permiso. 15 de outubro.
Proponse tamén que o nome puido proceder do da muller do político Jean Reubell: segundo unha historia popular, Paul Barras, un dos membros do Directorio, durante unha noite que pasou na casa de Reubell preguntoulle o nome á súa anfitrioa, que contestou que se chamaba Marie-Anne, ao que Barras tería contestado: "perfecto; é un nome curto e sinxelo, tan propio para a República como para ti".
O nome de Marianne tivo tamén conexións con varias sociedades secretas republicanas. Durante o Segundo Imperio, unha delas, cuxos membros xuraban derrocar a monarquía, denominábase tamén Marianne.
Historia miniatura|260x260px|esquerda|A Liberdade guiando o pobo, de Eugène Delacroix (1830) representa a Revolución de 1830 (Museo do Louvre).
Xa que os tempos clásicos era común de representar ideas e entidades abstractas como deuses, deusas e personificacións alegóricas. Durante a Revolución Francesa de 1789 xurdiron moitas destas alegorías da liberdade e da razón e estas dúas figuras, á fin, confluíron nunha soa: unha figura feminina representada en pé ou sedente e dotada de varios atributos, entre eles a escarapela tricolor e o gorro frixio. Esta muller simbolizou adoito os conceptos de liberdade, razón, nación e patria, así como as virtudes cívicas da República. Neste sentido, pódese comparar Marianne coa Estatua da Liberdade, concibida co título de "Liberdade Iluminando o Mundo" (La Liberté éclairant le monde) polo seu autor, o artista francés Frédéric Auguste Bartholdi, e que ten senllas copias tanto en París como en Saint-Étienne. En setembro de 1792, a Convención Nacional decidiu por decreto que o novo selo do Estado representaría unha muller de pé cunha lanza na man e cun gorro frixio na súa cabeza.
O historiador Maurice Agulhon, quen dedicou varias obras á investigación sobre as orixes de Marianne, suxeriu que foron as tradicións e a mentalidade dos franceses as que levaron ao uso dunha muller para representar a República.Agulhon, M. (1981). Unha alegoría feminina era tamén un xeito de simbolizar a ruptura co rancio sistema monárquico encabezado por reis varóns, e de promover unha ideoloxía republicana máis moderna. Mesmo antes da Revolución Francesa, o Reino de Francia fora sempre encarnado en figuras masculinas, como se amosa nalgúns teitos do Palacio de Versalles. Ademais, tanto "Francia" como "república" son en francés, como en galego, substantivos femininos (la France, la République), do mesmo xeito que as palabras "liberdade" (liberté) e "razón" (raison).Sohn, A-M. (1998).
O uso desta alegoría tivera inicialmente un carácter oficioso e un uso moi diverso. Unha alegoría feminina da Liberdade e da República foi utilizada tamén por Eugène Delacroix no cadro "A Liberdade guiando o pobo" (La Liberté guidant le peuple), pintado en xullo de 1830 na honra da revolución que tivo lugar nesas mesmas datas.
Na I República dereita|miniatura|274x274px|Busto de Marianne nos corredores do Palacio de Luxemburgo, sede do Senado francés.
A pesar de que a imaxe de Marianne non suscitou moita atención ata 1792, as orixes desta "deusa da Liberdade" datan xa de 1775, cando Moreau a pintou como unha muller nova vestida con roupa de estilo Romano e cun gorro frixio sobre unha pica que sostiña cunha man.Hunt, L. (1984). Páxina 62.
Marianne amosouse por primeira vez de xeito salientable como motivo principal dunha medalla en xullo de 1789, celebrando a Toma da Bastilla e outros dos primeiros sucesos da Revolución. Desde este momento ata setembro de 1792, a imaxe de Marianne foi eclipsada por outras figuras, como Mercurio e Minerva.
Non foi ata setembro de 1792 cando a nova República procurou unha imaxe nova para representar o Estado, cuxa popularidade colaborase na súa expansión. Marianne, a alegoría feminina da liberdade, foi a seleccionada para representar o novo réxime da República Francesa, ao tempo que continuaba a simbolizar a liberdade.Agulhon, M. (1981). Páxina 18.
As imaxinaría de Marianne escollida como o selo da I República Francesa presentábaa de pé, nova e con determinación. A pica que sostiña coa man dereita, co gorro frixio sobre ela, representaba a liberación de Francia. Marianne aparecía apoiada nun fasces, un símbolo clásico de autoridade. Esta imaxinaría non a presenta con agresividade, en consonancia coa ideoloxía dos xirondinos moderados e liberais na Convención Nacional, afastándose da "violencia frenética dos días revolucionarios".Hunt, L. (1984). Páxina 93.
Malia manterse a figura inicial da Marianne de 1792 nunha postura relativamente conservadora, os revolucionarios abandonárona cando deixou de serlles conveniente. En 1793, a figura conservadora de Marianne foi substituída por unha imaxe máis violenta: a dunha muller cos peitos espidos e bravura no rostro, que conduce adoito os homes á batalla.Agulhon, M. (1979). Jore-Pivet, S. (2016). "Pourquoi Marianne a le sein nu ?". En Marie Claire. A razón deste cambio radica nas prioridades cambiantes da República. A pesar de que o símbolo da Marianne tivo inicialmente un ton neutral, a súa evolución cara á acción radical foi unha resposta ao comezo do Terror, que esixía unha acción revolucionaria militante contra os estranxeiros e os contrarrevolucionarios. Entre as tácticas empregadas pola Administración, esa Marianne máis radical tiña a misión de espertar os franceses para a acción. Mais este cambio, con todo, foi considerado pouco radical polos republicanos. Logo do arresto dos deputados xirondinos en outubro de 1793, a Convención buscou "refundir a República nun molde máis radical" e utilizou finalmente o símbolo de Hércules para representar a República. O uso dunha simboloxía cada vez máis radical pola República estaba en paralelo coa violencia que se deu en coñecer como Reinado do Terror.Hunt, L. (1984). Páxina 94.
Despois do período do Terror cumpría un novo cambio na imaxinaría que amosase a nova natureza civil e non violenta do Directorio. Marianne reapareceu na imaxe oficial do Directorio Executivo (1798), conservando o goro frixio mais agora rodeada de símbolos diferentes. En contraste coa de 1792, xa non se representa a pica ou lanza e agora apóiase suavemente sobre unha táboa coa Constitución do ano III. Ademais, en lugar de ollar directamente o observador, dirixe a súa ollada cara a un lado.Hunt, L. (1984). Páxina 118. O novo calendario da Revolución amosa unha imaxinaría nestes mesmos termos."Republican Calendar ". En Liberté, Égalité, Fraternité. Exploring the French Revolution.
O símbolo de Marianne continuou a evolucionar consonte as necesidades do Estado logo da disolución do Directorio en 1799, como consecuencia do golpe encabezado por Emmanuel Joseph Sieyès e Napoleón Bonaparte. En tanto que o uso de Mercurio, Minerva e outras figuras simbólicas diminuíu, Marianne logrou manterse por mor do seu carácter abstracto e impersoal. A "maleabilidade" do seu significado permitiu aos dirixentes políticos unha permanente manipulación da súa imaxe consonte os seus propósitos específicos en cada conxuntura.
dereita|miniatura|140px|Gran Selo de Francia (1848). O toucado da República é idéntico ao da Estatua da Liberdade. Ambos son símbolos republicanos salientables.
Na II República O 17 de marzo de 1848, o Ministerio do Interior da Segunda República organizou un concurso para elixir o simbolismo da República en pinturas, esculturas, medallas, moedas e selos, xa que se carecía dunha representación oficial. Despois da caída da monarquía, o Goberno provisional declarou: "A imaxe da liberdade debería substituír en todos os lugares as imaxes de corrupción e vergoña que o magnánimo pobo francés rompeu en tres días". Por primeira vez, a alegoría de Marianne condensou os conceptos de "liberdade", "república" e "revolución".
Determináronse oficiais dous modelos de Marianne. Un amósaa loitando e vitoriosa, lembrando a deusa grega Atenea, cun peito espido, o gorro frixio e un corpiño vermello, e cun brazo ergueito nun xesto de rebelión. O outro modelo é máis conservador: leva roupa de estilo antigo, con raios de sol arredor da cabeza (unha transferencia do símbolo monárquico ao republicano), e acompáñase de símbolos como o trigo, o arado e o fasces romano. Estes dous modelos opostos de Marianne representan dúas ideas da República, unha representación burguesa e outra democrática e social.
Os municipios escolleron voluntariamente a súa representación da Marianne, con frecuencia virándolle as costras á Igrexa. Marianne fixo a súa primeira aparición nun selo de correos francés en 1849.
No II Imperio Durante o II Imperio (1852-1870), a representación de Marianne pasou á clandestinidade e serviu como símbolo de protesta contra o réxime.
A denominación de "Marianne" comezou cara a 1848/1851 e xeneralizouse por toda Francia arredor de 1875.
Na III República miniatura|esquerda|Caricatura de 1904 sobre a Entente Cordiale publicada na revista humorística británica Punch or The London Charivari. John Bull afástase cunha Marianne desafiante e vírase cara ao Kaiser, que finxe non decatarse.