Claire Lucia Wineland, nada en Austin, Texas, o 10 de abril de 1997 e finada o 2 de setembro de 2018, foi unha activista e autora estadounidense. A través da súa organización sen ánimo de lucro, a "Claire's Place Foundation", apoiou a persoas con doenzas terminais e crónicas, así como ás súas familias. Wineland naceu con fibrose quística e morreu por mor dun ictus unha semana após o seu transplante de pulmón, con 21 anos.
Wineland escribiu o libro Every Breath I Take, Surviving and Thriving with Cystic Fibrosis e foi relatora para TED.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Fundación Claire's Place
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Austin, Texas Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de YouTube