miniatura|200px|Localización da freguesía de Portimão dentro co concello homónimo
Portimão é unha vila e freguesía portuguesa do concello de Portimão, no Algarve.
O presidente da Junta de freguesia é Álvaro Miguel Peixinho Alambre Bila (PS).
Xeografía A freguesía ocupa unha extensión de 75,69 km² e, no ano 2011 contaba cunha poboación de 45 431 habitantes, polo que a súa densidade de poboación era, nese ano, de 600,2 hab./km².
Evolución da poboación Evolución da poboación da freguesía de Portimão (1864-2011)Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE. 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 5 499 6 318 6 961 7 897 9 610 9 154 14 725 14 679 16 684 17 145 18 452 26 268 31 223 36 243 45 431
Historia Desde 1864 a 1920 a freguesía denominábase Vila Nova de Portimão. Pola lei nº 1692, de 11 de decembro de 1924, Vila Nova de Portimão foi elevada á categoría de cidade coa designación de Portimão.
Notas
Véxase tamén Portimão
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Freguesías do distrito de Faro Categoría:Vilas de Portugal