Igor Alexandrovich Moiseev (en ruso И́горь Алекса́ндрович Моисе́ев), nado en Kíiv o 21 de xaneiro de 1906 e finado en Moscova o 2 de novembro de 2007, foi un coreógrafo e danzarín ruso.
Traxectoria Naceu na capital de Ucraína, onde seu pai Alexander Moiseev, un nobre ruso orixinario da rexión de Orel, exercía como avogado. Súa nai era Anna Gren, era de orixe francesa e romanesa; a parella coñeceuse en París e só uns meses despois do seu nacemento a familia marchou á capital francesa, onde Igor viviu ata os oito anosJack Anderson "'Igor Moiseyev, 101, Choreographer, Dies'". The New York Times, 3 de novembro de 3007 e logo a familia estableceuse en Moscova. En 1920 con catorce anos seu pai levouno á academia de ballet dunha antiga danzarina do Bolshoi, Vera Mosolova, e que estaba situada preto da casa familiar"Скончался выдающийся хореограф Игорь Моисеев" vl.ru, 3 de novembro de 2007 pero só uns meses despois de comezar as clases a profesora levouno á escola de ballet do Teatro Bolshoi e Igor aprobou o exame de admisión"Ушел из жизни Игорь Моисеев" tvkultura.ru, 2 de novembro de 2007. Entre os seus profesores estivo Alexander Gorskii e tras graduarse en 1924 entrou no elenco do Bolshoi. Comezou tamén a traballar como coreógrafo dende 1930.
En 1937 co apoio de Viacheslav Molotov, presidente do Consello de Comisarios do Pobo, organizou o primeiro conxunto profesional de danza popular da Unión Soviética, o primeiro ensaio do novo conxunto foi o 1 de febreiro de 1937 e Moiseev foi director artístico permanente e director de danza. A partir de 1938 co novo grupo relizou numerosas xiras por toda a URSS e dende 1945 tamén por outros países. En 1943 dotou ao grupo cunha escola profesional de danza popular, os graduados atoparon traballo tanto no propio grupo como noutros ao longo da Unión Soviética"Моисеевский ансамбль народного танца отмечает 75-летний юбилей".RIA Novosti, 10 de febreiro de 2012 e en 1966 estableceu un conxunto para novos talentos da danza, que se transformou no actual Teatro Académico Estatal do Ballet Clásico, e que dirixiu ata 1970"Моисеев Игорь Александрович"warheroes.ru. miniatura|esquerda|Actuación do Ballet Moiseev en Rotterdam en 1960. Carecterístico das coreografías de Moiseev son os saltos acrobáticos dos danzaríns Nas súas coreografías mantivo un rigoroso equilibrio entre as danzas populares auténticas e o espectáculo teatral, con pasos e chimpos aparatosos e acrobáticos. Mesmo en 1952, durante o stalinismoChristina Ezrahi (2012) Swans of the Kremlin: Ballet and Power in Soviet Russia. University of Pittsburgh Press, p. 103, criticou duramente o estado da coreografía soviética, que consideraba anquilosada e temorosa das novidades. Montou máis de 170 coreografías"Igor Moiseyev" Encyclopædia Britannica, na súa maioría recreacións de danzas populares para representación teatral. O seu estilo coreográfico converteuse en estándar na Unión SoviéticaAnthony Shay (2019) The Igor Moiseyev Dance Company: Dancing Diplomats Intellect Books. p. 73, con grupos imitando o modo Moiseev para cada nacionalidade.
Ao longo da súa carreira foi xurado de numerosos concursos e festivais internacionais, e dirixiu o xurado dun programa da televisión soviética dedicado aos festivais populares. Tamén organizou concertos de gala e programas culturais e traballou activamente no Comité de Paz Soviético; así e todo, malia as numerosas peticións que recibiu nunca foi membro do Partido Comunista da Unión Soviética polas súas crenzas relixiosas"Танцующий век"rg.ru, 20 de xaneiro de 2006.
Foi membro do consello do Teatro Bolshoi dende 1985, da Academia Rusa das Artes dende 1996. Escribiu diversos artigos dedicados á coreografía e en 1996 publicou as súas memorias.
Notas
Categoría:nados en 1906 Categoría:Nados en Kíiv Categoría:Finados en 2007 Categoría:Coreógrafos Categoría:Bailaríns Categoría:Premio Lenin Categoría:Orde de Lenin Categoría:Heroes do Traballo Socialista