Andrés Lareu Suárez, nado en Vila de Cruces, foi un avogado e político galego. Traxectoria Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Carbia en xaneiro de 1925, logo da dimisión de Jesús María Santaló Ponte. Permaneceu no cargo ata 1930. Na Segunda República foi correspondente de El Pueblo Gallego en Salgueiros.El Pueblo Gallego, 13-10-1933, p. 4. Durante o franquismo foi secretario do xulgado de paz de Santiso, Agolada (1948-1955),El Pueblo Gallego, 9-9-1948, p. 6. Vila de Cruces (1955-1957)El Pueblo Gallego, 5-3-1955, p. 4. e Castroverde (1957-).El Progreso, 8-5-1957, p. 5.
Vida persoal
Casou con María González Álvarez e foi pai de Manuel, Fernando e María del Carmen Lareu González.El Pueblo Gallego, 17-2-1971, p. 4. Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Vila de Cruces Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Nados en Vila de Cruces
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido