miniatura|250px|Papagiannis, 2017. Georgios Papagiannis (en grego: Γιώργος Παπαγιάννης), nado o 3 de xullo de 1997 en Marusi, Atenas, é un xogador grego de baloncesto profesional que xoga no Panathinaikos BC da A1 Ethniki.

Traxectoria profesional Papagiannis debutou coma profesional no Peristeri BC o 5 de xaneiro de 2012 con tan só 14 anos, nun partido da A1 Ethniki contra o Panathinaikos. O 25 de xuño de 2014, Papagiannis asinou co Panathinaikos.

O 23 de xuño de 2016, Papagiannis foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Phoenix Suns. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Sacramento Kings. Debutou na NBA o 5 de novembro de 2016 na derrota dos Kings contra os Milwaukee Bucks por 117-91.

O 8 de marzo de 2018, Papagiannis asinou un contrato de dez días cos Portland Trail Blazers, e ó remate deste, o 18 de marzo, asinou cos Blazers un contrato por dous anos.Trail Blazers sign Georgios Papagiannis through 2018-19.

O 20 de xullo de 2018, Papagiannis asinou de novo co Panathinaikos, asinando co equipo grego un contrato de cinco anos.Panathinaikos brings Papagiannis home.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados na periferia de Ática Categoría:Xogadores de baloncesto de Grecia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do Peristeri BC Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Grecia Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024