Hind Azouz (tamén escrito Azzuz), nada en Tunes o 18 de agosto de 1926 e finada o 8 de febreiro de 2015, foi unha escritora e produtora de radio tunisiana.

Traxectoria Azouz tivo formación autodidacta. Discípula de Zoubeida Bchir e Najiya Thamir, está recoñecida como pioneira no campo da radiodifusión. Empregada en Radio Tunis como locutora, tamén liderou como produtora o departamento de proxectos literarios. Publicou relatos en diversas publicacións, como al-Hayah al-thaqafiya, al-Fikr, Qisas, al-Idha'a, al-Mar'a, al-Tarbiya al-shamila, al-'Amal ou al-Sabah. Algúns deses relatos apareceron na escolma Fi-l-darb-al-tawil, de 1969, que inclúe tamén pezas de teatro e literatura infantil. Os seus escritos falan de temas de interese das mulleres de clase media do seu país, incluíndo tópicos controvertidos como o control de natalidade ou o aborto.

Foi membro da Unión de Escritores de Tunisia, e secretaria da sección feminina da Agrupación Constitucional Democrática.

Notas

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Escritores de Tunisia Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Xornalistas de Tunisia Categoría:Personalidades sen imaxes