Kōdai Asaka (en xaponés: 浅香 航大), nado na prefectura de Kanagawa o 24 de agosto de 1992, é un actor xaponés.
Traxectoria Ata 2008 pertenceu á axencia de talentos Johnny & Associates pero nese ano fichou pola A-Light para principiar unha carreira como actor pero foi a partir da súa entrada na axencia A-team cando logrou afianzarse, ao ano seguinte actuou por primeira volta nunha serie de televisión, foi en 2011 encarnando a Subaru Takatsuki en Hanazakari no Kimitachi e de Fuji TV, un remake dunha serie de igual título emitida en 2008 baseada no manga homónimo. En 2014 interpretou a Eiichirō Kamoi na serie matinal (asadora) da NHK Massan "マッサン・鴨居英一郎(欣次郎長男、浅香航大)が登場" localtv.com. Entre as súas actuacións máis coñecidas están a súa participación no filme Noushou sakuretsu garu (2015) de Yuiche Abe, a súa interpretación de Kei Mashido na serie Miyamoto kara Kimi e (2018) e a encarnación de Ichii, un dos protagonistas da serie Dolmen X (2018)"Kōdai Asaka" en IMDb.
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na prefectura de Kanagawa Categoría:Actores do Xapón