Vladimir Ivanovich Vernadskii (; ), nado en San Petersburgo o e finado en Moscova o 6 de xaneiro de 1945, foi mineraloxista e xeoquímico ruso, ucraíno,Верна́дський Володи́мир Іва́нович . Універсальний Словник-Енциклопедія e soviético, considerado un dos fundadores da xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía,Vladimir Ivanovich Vernadsky. Encyclopaedia Britannica e fundador da Academia Ucraína das Ciencias. É coñecido sobre todo polo seu libro de 1926 The Biosphere en que sen pretendelo contribuíu a popularizar o vocábulo biosfera cuñado por Eduard Suess en 1885, hipotetizando que vida é a forza xeolóxica que da forma á Terra. En 1943 recibiu o premio Stalin.

Traxectoria miniatura|esquerda|150px|Vladimir Vernadskii, estudante do Liceo de San Petersburgo, 1878 En 1885 graduouse en física e matemáticas pola Universidade de San Petersburgo, prolongando a súa formación durante os dous anos seguintes en diversas universidades europeas. A partir de 1890 foi profesor de mineraloxía e cristalografía na Universidade de Moscova, onde se doutorou en 1897. Membro da Academia Rusa de Ciencias dende 1912, traballou para esta institución ata a súa morte. Á vez foi fundador (1918) e primeiro presidente da Academia Ucraína de Ciencias. Por este e outros motivos é considerado compatriota tanto polos ucraínos como polos rusos.

Vernadskii foi discípulo de Vasili Dokuchaiev (1840-1903), fundador da edafoloxía, quen lle transmitiu unha comprensión integradora da natureza. Eduard Suess, que tamén fora influído por Dokuchaiev, forxou a palabra biosfera sen chegar a definila, sendo Vernadski quen a popularizóu no eido científico. Vernadskii é especialmente célebre polo seu libro A biosfera (1926), onde presenta a vida como a forza xeolóxica que dá forma á terra. Vernadskii foi fundador de varias novas disciplinas como a xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía. Por darlle ao concepto de biosfera o seu contido actual, é considerado como un dos fundadores da ecoloxía e o pai da visión moderna do sistema Terra.

Concibía a Terra como a superposición de cinco realidades integradas: a litosfera, entendida como esfera sólida da Terra; a atmosfera; a biosfera; a tecnosfera, o resultado da alteración producida polo home; e a noosfera, a esfera do pensamento. Á vez vía a historia do planeta como unha evolución autónoma con tres etapas dominadas respectivamente pola evolución xeolóxica, a evolución biolóxica e a evolución da cultura. Foi un dos primeiros científicos en recoñecer o osíxeno, nitróxeno e dióxido de carbono da atmosfera terrestre como resultado de procesos biolóxicos. Vernadskii observou a dependencia da composición atmosférica con respecto á actividade biolóxica, ofrecendo da Terra un concepto moi próximo ao proposto máis tarde por James Lovelock coa súa hipótese Gaia.

Foi un dos primeiros científicos en recoñecer a radioactividade como fonte da enerxía térmica xeolóxica.

Vladimir Vernadskii deixou unha grande estela de seguidores na Unión Soviética, a cal constituíu unha escola separada. A influencia de Vernadskii na ecoloxía occidental produciuse a través dalgúns dos seus discípulos, e da tradución ao inglés de dúas das súas obras: Geochemistry (1924) e The Biosphere (1926). Cómpre salientar a influencia das súas nocións sobre Teilhard de Chardin e Lyndon LaRouche, no que o uso do concepto de noosfera deriva directamente do de Vernadskii.

Obras Geochemistry, publicada en ruso en 1924. The Biosphere, publicada en ruso en 1926. Essays on Geochemistry & the Biosphere (recompilación dos seus ensaios, publicada en 2006)

Diarios Dnevniki 1917–1921: oktyabr 1917-yanvar 1920 ("Diarios 1917–1921"), Kíiv, Naukova dumka, 1994, , 269 pp. Dnevniki. Mart 1921-avgust 1925 ("Diarios 1921–1925"), Moscow, Nauka, 1998, , 213 pp. Dnevniki 1926–1934 ("Diarios 1926–1934"), Moscova, Nauka, 2001, , 455 pp. Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 1, 1935–1938 ("Diarios 1935–1941 en dous volumes. Volume 1, 1935–1938"), Moscova, Nauka, 2006,,444 pp. Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 2, 1939–1941 ("Diarios 1935–1941. Volume 2, 1939–1941"), Moscova, Nauka, 2006, , 295 pp.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vernadsky, Vladimir Ivanovich. La biosfera, A.Machado Libros, S.A. 1997.

Samson, Paul R. The Biosphere and Noosphere Reader: Global Environment, Society and Change. Routledge, 1999.

"Science and Russian Cultures in an Age of Revolutions"

Outros artigos Hipótese Gaia Noosfera

Ligazóns externas Tumba de Vernadskii Behrends, Thilo, The Renaissance of V.I. Vernadsky , Newsletter da Sociedade Xeoquímica, #125, outubro 2005, consultado o 27 de abril d e2013 Biografía Arquivo de escritos sobre e de Vernadskii

Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Xeólogos de Ucraína Categoría:Xeólogos de Rusia Categoría:Filósofos de Rusia Categoría:Filósofos de Ucraína Categoría:Escritores en lingua rusa