Salvador Albert i Pey, nado en Palamós en 1868 e finado en Cerdanyola del Vallès en 1944, foi un político e escritor catalán.

Traxectoria Estudou dereito, pero non acabou a carreira. De mozo militou no republicanismo posibilista, representado primeiro pola Unión Federal Nacionalista Republicana e despois polo Partit Republicà Català. Nas eleccións xerais de 1910 e 1914 foi elixido deputado polo distrito electoral da Bisbal, facéndose coñecido en todo o país ó superar a quen, en principio, era o gran favorito, Francesc Cambó. Grazas ós electores de San Feliu de Guíxols, que o votaron masivamente, foi revalidando a acta de deputado nas eleccións de 1916, 1918, 1919, 1920 e 1923. Nestas contendas a miúdo participaba con coalicións republicanas, de esquerdas e catalanistas. Xunto con Joaquim Salvatella formaba parte do chamado "baluarte empordanés" pola fidelidade que lles amosaban os seus electores.Diccionario de Historia de Cataluña. Ed. 62, Barcelona, 1998. ISBN 84-297-3521-6. pp. 20.

Proclamada a Segunda República, foi elixido deputado nas eleccións xerais de 1931 por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), sendo o candidato con máis votos de toda a provincia de Xirona. Xusto despois foi nomeado embaixador español en Bélxica (1931-1934). Despois da Guerra Civil foi detido e permaneceu encarcerado en Xirona, na mesma cela que Carles Rahola i Llorens, sendo liberado pouco antes de morrer.

Obras Poesía Florida de tardor, (1918) Confins, (1921) Òpals, (1924), El Cuatre fulls del meu poema, (presentado nos Xogos Florais de Barcelona de 1924)Archivo Histórico de la Ciudad de Barcelona Fondos 6B-Jocs Florals, SerieIII-Plicas (1924) documento 219

Novela Ideal, (1898)

Teatro El despertar d'un cor, (1896)

Ensaio Amiel, (1919) El tesoro dramático de Henrik Ibsen, (1920)

Notas

Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Políticos de ERC Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Embaixadores de España en Bélxica