Botaurus é un xénero de aves limícolas chamadas abetouros da familia das garzas, do que existen 4 especies actuais. O nome do xénero deullo o naturalista inglés James Francis Stephens, e deriva do latín butaurus. Plinio o Vello derivou o nome de Bos (boi) e taurus (touro), porque as chamadas desta ave semellan o son dun touro urrando.

O xénero ten unha soa especie representativa en cada continente, un en América do Norte, outro en América Central e América do Sur, un en Eurasia e outro en Australasia. As dúas especies do norte son parcialmente migratorias, e moitos dos individuos van a zonas máis cálidas en inverno.

Os catro abetouros son aves grandes, robustas, marróns con plumaxe bandeado, que se reproducen en xunqueiras. A femia cría ela soa os polos, o que é raro nunha ave predadora. Son animais moi discretos, ben camuflados e difíciles de ver malia o seu tamaño, a non ser en avistamentos ocasionais en voo.

Igual que outras especies da súa familia, comen peixes, ras, e outros seres acuáticos pequenos.

Especies Imaxe Nome científico Nome común Distribución120px Botaurus lentiginosus abetouro americano Norteamérica, do Canadá a México120px Botaurus stellaris abetouro común eurasiático120px Botaurus pinnatus de Suramérica e Centroamérica120px Botaurus poiciloptilus de Australasia Botaurus hibbardi fósil

Notas

Categoría:Ardeidos