, tamén coñecido como Digimon World 2003 en Europa e Australia, é un videoxogo de rol para PlayStation desenvolvido por BEC e Boom Corp. e distribuído por Bandai. É o terceiro título da serie Digimon World e foi lanzado en xuño de 2002 en América do Norte, en xullo de 2002 no Xapón e en novembro de 2002 en Europa.

Sinopse O xogo conta a historia de Junior, que comeza a xogar un videoxogo de rol chamado "Digimon Online" cos seus amigos. Porén cando uns terroristas atacan de súpeto, Junior e os outros xogadores quedan atrapados no xogo e deben atopar un xeito de escapar usando os seus compañeiros Digimon.

Notas

Categoría:Videoxogos de 2002 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de PlayStation