Manuel Vázquez Faraldo, nado en Miño o 1 de xaneiro de 1962, é un político galego e alcalde de Miño dende o ano 2019.

Traxectoria Economista de profesión, foi concelleiro en Miño pola agrupación de electores Alternativa Miñoterra dende 1995 ata 2003. Dende 2005, milita no PSdeG-PSOE, entrando de novo na corporación no grupo municipal socialista no ano 2010

En 2011 encabezou a candidatura socialista, que obtivo seis concelleiros. En 2015 a súa lista foi a máis votada Finalmente, Ricardo Sánchez Oroza, de CxG, foi investido alcalde cos seis votos do Partido Popular de Miño.

Nas elecccións do 26 de maio de 2019 o seu partido acadou nove concelleiros, e o 15 de xuño tomou posesión como o primeiro alcalde socialista de Miño dende 1936. Baixo a súa xestión resolveuse a grave débeda que recaía no concello dende o mandato de Juan Antonio Maceiras polo escándalo Fadesa da urbanización Miño Costa Golf e deu fin a 18 anos de conflito, marcados pola sentenza que declarou a adquisición ilegal dos terreos nos que se construiría a urbanización de 1200 vivendas e campo de golf. Para solucionalo, o concello tivo que pedir un préstamo de 7 millóns para poder pagar os xuros debidos á veciñanza expropiada. Esta débeda do concello traducíase en 3 014€ por persoa, unha das máis altas a nivel municipal de toda Galicia. Nas municipais de 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, logrando 8 concelleiros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Miño

Categoría:Alcaldes de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes