Aisha Abd al-Rahman (en árabe: عائشة عبد الرحمن), nada en Damietta o 18 de novembro de 1913 e finada no Cairo o 1 de decembro de 1998, foi unha escritora e profesora exipcia, coñecida co pseudónimo de Bint al-Shati ("Filla da Ribeira"). Traxectoria Naceu en Damietta, onde o seu pai daba clase no Instituto Relixioso de Domyat. Con dez anos a súa nai levouna á escola mentres o pai viaxaba. Pese á oposición paterna, a nai levouna a El Mansurah, e posteriormente Aisha estudou Lingua e literatura árabe na Universidade do Cairo, graduándose en 1939 e conseguindo un mestrado en 1941.

En 1942 comezou a traballar de inspectora de ensino de literatura árabe para o Ministerio de Educación de Exipto. En 1950 doutorouse e comezou a traballar como profesora de literatura árabe na Facultade Feminina da Universidade de Ain Shams.Parry, Melanie (ed.) (1996): Larousse Dictionary of Women. Larousse.

Escribiu ficción e biografías das primeiras mulleres musulmás, como Aminah bint Wahb (a nai) e as mulleres e irmás do profeta Mahoma. Tamén fixo crítica literaria.Zeidan, Joseph T. (1995): Arab Women Novelists: The Formative Years and Beyond. State University of New York Press. Foi a segunda muller moderna en facer unha exexese do Corán. Non se considera a si mesma feminista, mais as súas obras reflicten a idea de que as mulleres teñen máis capacidade de analizar as obras escritas por mulleres ca os homes, porque estes son "ignorantes do instinto feminino".

Casou con Amin el-Khouli, profesor seu na Universidade do Cairo. Morreu logo dun ataque ao corazón.Associated Press (2 de decembro de 1998): "Prominent Egyptian Islamic writer, Abdul-Rahman dies at 85". Doou a súa biblioteca persoal para fins académicos, e en 1985 unha escultura coa súa figura foi erixida no Cairo.

Obra Autora de "máis de corenta libros e cen artigos",Mattar, Philip (2004): Encyclopedia of the Modern Middle East & North Africa: A-C, Macmillan Reference USA, p. 475 as súas publicacións destacadazs inclúen: The Egyptian Countryside (1936) The Problem of the Peasant (1938) Secret of the Beach and Master of the Estate: The Story of a Sinful Woman (1942) New Values in Arabic Literature (1961) Contemporary Arab Women Poets (1963)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bint Al-Shati’a, Aishah Abdul-Rahman: A Brilliant Female Scholar in the Islamic and Arab World Muhammad Amin A study of Bint al-Shati's Exegesis

Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Nados en Exipto Categoría:Escritores de Exipto Categoría:Alumnos da Universidade do Cairo Categoría:Escritores en lingua inglesa