Luís Bouza-Brey Trillo, nado en Vilagarcía de Arousa o 1 de agosto de 1905 e finado no mesmo concello o 23 de marzo de 1980Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-3-1980, p. 61., foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integrouse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía, foi absolto, pero cunha proposta de sanción económica.El Diario de Pontevedra, 22-1-1937, p. 2. Houbo de repetirse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites".El Diario de Pontevedra, 1-2-1937, p.2. Estivo preso na Illa de San Simón.
Exerceu a avogacía en Vilagarcía. Colaborou en La Noche e foi académico correspondente da Real Academia Galega desde 1964.
Obras
Obra completa, Sada: Do Castro, 2002.
Vida persoal Casou con Celia Villar Padín e foi pai de Luís, Carlos e Gonzalo Bouza-Brey Villar.
Notas
Categoría:Avogados de Vilagarcía de Arousa Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes