Salud Torres Díaz, nada en Ourense en 1912 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha sindicalista e política galega.
Traxectoria Delegada da UGT e militante do PCE, participou no mitin do Partido celebrado no Teatro Principal en abril de 1934.El Pueblo Gallego, 11-4-1934, p. 12. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detida xunto co seu irmán Silvio, acusados de repartir panfletos incitando aos soldados á rebelión,Galicia, 21-10-1934, p. 1. e sometida a consello de guerra.El Compostelano, 22-10-1934, p. 2.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida. Internada no cárcere de Celanova de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda María del Valle Lozano. Esnaquizáronlle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.
En xullo de 2019 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica iniciou a recuperación dos seus restos.Inician a exhumación de dúas mulleres galegas asasinadas pola ditadura franquista Recoñecementos Claudio Rodríguez Fer escribiu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Buscarán a las mártires de Xinzo de Limia, asesinadas en 1937: María del Valle Lozano y Salud Torres Díaz
Categoría:Sindicalistas da UGT
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos