A Banda Municipal de Lugo é unha banda de música da cidade de Lugo.

Traxectoria A Banda Municipal de Lugo naceu como iniciativa privada por medio dun padroado privado que se encarga da súa xestión. Se ben considérase que a banda existía con anterioridade, non é ata 1869 cando aparece o primeiro documento que a menciona.

En 1876 a banda é reorganizada por Xoán Montes, quen asume o posto de director ata 1890. O debut da banda renovada ten lugar o 1 de outubro de 1876 cun concerto no que a agrupación interpretou unha das obras favoritas do compositor lucense, a abertura da ópera Il pirata de Bellini.

No ano 1900, logo de máis de 30 anos de existencia, a banda sufriu un paro ata que Ricardo Dorado a retomou un ano despois. De novo a banda cesou as súas operacións en 1936 debido ao encarceramento ideolóxico do que era daquela o seu director, Manuel Sariñena, un paro que se mantería ata o final da guerra civil.

O 9 de agosto de 1963 a banda, integrada daquela por 48 persoas, disolveuse pola imposibilidade económica do Concello de Lugo para sostela. Con todo, a presión social e dos medios fixo que poucos meses despois se reorganizara a agrupación.

No verán de 2018 o Concello de Lugo convocou un proceso para cubrir a praza de director por comisión de servizo. A principios de 2019 anunciouse que Bernardo Méndez Castro dirixiría a formación lucense, que permanecía sen director dende ía ano e medio. Con todo, o nomeamento non chegou a realizarse, xa que o interventor e a vicesecretaria do Concello emitieron informes desfavorables ao non contar coa titulación necesaria para dirixir, ademais varios sindicados recurriron xudicialmente a elección, que estivo rodeada de polémica ao ser Bernardo Méndez o irán do director da Escola Municipal de Música, Carlos Méndez, que formara parte da candidatura de Lara Méndez á alcaldía de Lugo.

Directores Dende 1869 ata a súa conversión en banda municipal, a agrupación estivo dirixida por J. Dorado, a quen sucedeu no cargo Manuel Calvo y Novoa. O compositor lucense Xoán Montes Capón pasou a ocupar a dirección da banda en 1876, sendo o primeiro director da banda logo de pasar a ser municipal.

Xoán Montes Capón (1875-1884) Bernardo Soto, Julián González Llorens, José Cedeira Álvarez, Baldomero Latorre Capón, Benito Lizasuaín e Juan Montañés Marqués (1876-1900) Benito Patán, Antonio Martí e Ricardo Dorado (1900-1915) Juan González Páramos (1915-1923) Manuel Sariñena García (1923-1943) Francisco Méndez Rodríguez (1944-1977) Indalecio Fernández Groba (1979-1991) Rosendo Ivorra Jover (1991-2016)

Notas

Lugo Categoría:Lugo