Canadian Target Assembly, coñecido abreviadamente como CTA, foi un satélite artificial da Axencia Espacial Canadense lanzado o 22 de outubro de 1992 a bordo do transbordador espacial Columbia na misión STS 52.

Características CTA foi un satélite que cumplíu as funcións de obxectivo óptico para o experimento CANEX-2, que tivo lugar durante a misión STS-52. O experimento consistía nun sistema de visión por vídeo (SVS, Space Vision System) para mellorar as habilidades de manexo, control e solta de satélites polo brazo robótico canadense. CTA tiña unha serie de puntos sobre a súa superficie cun patrón recoñecible polo sistema de vídeo e serviu para avaliar a utilidade do sistema.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-52

Categoría:Satélites artificiais