Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925Profile of Mahathir Mohamad é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah. A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946, antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.
Traxectoria miniatura|dereita|Mahathir Mohamad (2003) Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico. Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente desamigouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido. Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro.
Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.
Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisiano con máis anos no cargo. Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016. Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006, e máis tarde Najib Razak en 2015. Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes derrotas electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Najib a pesar do escándalo que rodeaba a organización 1Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016, sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.
O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS). O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que Anwar Ibrahim. Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Anwar, coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos. A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir, que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan. Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018. Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro, o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país. En 24 de febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Dr Mahathir Mohamad's Blog (Launched May 2008) BBC Profile: Mahathir Mohamad Biografía por CIDOB (en español) Mahathir hospitalised after heart attack Islam the Misunderstood Religion by Dr. Mahathir Mohamad Perdana Leadership Foundation website on Malaysia’s past Prime Ministers. BBC News: In Pictures: Mahathir steps down
Categoría:Nados en Malaisia Categoría:Nados en 1925 Categoría:Primeiros ministros de Malaisia Categoría:Médicos de Malaisia Categoría:Secretarios xerais do Movemento de Países Non Aliñados