John Oliver Creighton, nado en Orange (Texas) o 28 de abril de 1943, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-G, STS-36 e STS-48. Pasou un total de 16,85 días no espazo.
Traxectoria Creighton é graduado en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1966 e máster en administración da ciencia e da tecnoloxía pola Universidade George Washington en 1978.
Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978, converténdose oficialmente en astronauta en agosto de 1979, voando máis tarde nas misións STS-51-G, STS-36 e STS-48. Pasou un total de 16,85 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-G STS-36 STS-48
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Orange, Texas