La resistencia é un programa de televisión español emitido na canle #0 da plataforma Movistar+, estreado o 1 de febreiro de 2018 e presentado por David Broncano. Emítese desde o Teatro Arlequín en Madrid e está producido por El Terrat.
Historia Coincidindo co segundo aniversario da canle #0, David Broncano deixou a súa habitual colaboración no programa Late Motiv e no programa Locomundo para presentar o primeiro late late show en España, seguindo o formato dalgunhas canles de televisión nos Estados Unidos de enlazar dous late night show (programa da noitiña ou espectáculo nocturno) seguidos. O programa transmítese desde o teatro Arlequín, moi preto da Gran Vía de Madrid, e con público en directo.
Emítese a segunda tempada; porén xa está confirmada a súa renovación por dúas tempadas máis. O programa está dirixido por Ricardo Castella, que tamén actúa como apuntador. Ten como colaboradores a Dani Rovira, Antonio Resines, Ignacio Farray, Quequé, Jorge Ponce, Ernesto Sevilla ou Róber Bodegas, entre outros, e nos primeiros programas a youtuber Ter. O beatboxer Marcos Martínez «Grison» e Ricardo Castella interpretan a música en directo.
Unha das razóns da gran popularidade do programa é a naturalidade e a liberdade coa que se expresan tanto os seus membros como as persoas invitadas. A improvisación é tamén unha das características principais do programa.
A canción "Hail to the Chief", do grupo Prophets of Rage, foi elixida para a cabeceira do programa.
Seccións
Monólogos Sección diaria e inicial presentada por David Broncano na que repasa a actualidade dun xeito divertido, especialmente as noticias máis absurdas e surrealistas do panorama. A pesar de ter un ton humorístico e casual tamén foi aplaudido o seu lado máis crítico con algunhas das situacións políticas e sociais do momento.
Entrevistas Espazo do programa no que David Broncano entrevista un convidado, un grupo ou algunha formación. Os invitados adoitan ter unha presenza menor nos medios que os doutros programas da mesma cadea, o que permite descubrir personaxes que ata o momento fixeran poucas ou ningunha entrevista.
Esta sección é moi popular tanto na retransmisión en directo como na plataforma de Youtube, a onde se sobe todos os días tras a emisión do programa. As entrevistas adoitan contar cunha gran recepción por parte da audiencia e contan cun elevado número de visualizacións e con gran cantidade de comentarios e valoracicións positivas.
Durante a entrevista, o presentador David Broncano sempre lle realiza ao invitado a pregunta de cantos cartos ten na conta bancaria. Esta pregunta sempre xera moita controversia e polémica e moitas celebridades atrévense a responder, mentres que outras prefiren non dar unha resposta. A partir da segunda tempada, a esta pregunta engadíuselle outra máis: "cantas veces mantiveches relacións sexuais ao longo do último mes?".
Quen prefires que morra? A sección máis corrosiva e irreverente está a cargo de Jorge Ponce que mostra dúas fotografías de dúas celebridades e pregúntalle ao público: "quen preferides que morra?". Expón argumentos a favor de cada famoso e finalmente é o público quen toma a decisión; o máis aplaudido é o que prefiren que morra. Santiago Segura, Joaquín Sabina ou Andrés Iniesta son algunhas das celebridades que protagonizaron esta sección, e ata Xesús de Nazaret e Barrabás protagonizaron unha edición para Semana Santa.
Conexións en directo desde a rúa Desde o exterior do teatro Arlequín, na Gran Vía de Madrid, Jorge Ponce conecta co estudio e realiza breves entrevistas aos peóns. O máis recorrente é xulgar os peóns polo seu aspecto e entrevistalos a partir dos prexuízos que xeran. Tamén se poden realizar preguntas sobre unha data ou evento específico. As conexións ata o mes de marzo fixéronse en falso directo; debido ao cambio de hora e ás horas de luz do día, Jorge Ponce descubriu que se gravaban pola tarde.
En ocasións, Jorge Ponce vai cunha magnífica estufa pola rúa preguntándolle á xente o que opina de temas controvertidos da actualidade, empregando unha frauta para identificar a pregunta potente.
Repaso aos foros de Internet Jorge Ponce investiga os máis surrealistas foros de Internet, buscando as respostas máis orixinais e estrañas dos usuarios da rede.
Actuación musical Ignatius Farray, xunto co seu amigo José Luis Petróleo, forman un grupo e realizan unha actuación musical caótica. Antes de cantar, presenta e comenta a letra do novo tema, escrita nuns cartóns de gran tamaño. Os temas caracterízanse por seren surrealistas e teren un retrouso repetitivo. Durante a actuación canta Ignatius, o seu amigo toca a guitarra, David Broncano encárgase de tocar a batería electrónica e Grison acompáñaos tamén coa guitarra eléctrica.
Os segredos internos Ricardo Castella explica os asuntos internos e as anécdotas do programa, e revela algúns dos segredos relacionados coa súa preparación.
O tempo Jorge Ponce analiza a situación da meteoroloxía dun xeito curioso a través dunha "aplicación gratuíta" para táboa dixital.
"El Hormiguero" en versión mala Jorge Ponce parodia as seccións máis coñecidas do programa “El Hormiguero”. Unha das sección que máis imita é o espectáculo de ciencia.
Invitados Tempada 1 ProgramaProgramaen tempadaDataInvitado111 de febreiro de 2018Antonio Resines225 de febreiro de 2018Itziar Castro336 de febreiro de 2018Ana Asensio447 de febreiro de 2018Afrojuice 195 558 de febreiro de 2018Brisa Fenoy 6612 de febreiro de 2018Javier Santaolalla7713 de febreiro de 2018Cristina Gutiérrez 8814 de febreiro de 2018Alejandro Cao de Benós 9915 de febreiro de 2018Ernesto Sevilla101019 de febreiro de 2018Elvira Sastre111120 de febreiro de 2018Regino Hernández 121221 de febreiro de 2018Adrián Mateos131322 de febreiro de 2018Alberto Ammann e Clara Méndez-Leite141426 de febreiro de 2018Venga Monjas151527 de febreiro de 2018Zatu 161628 de febreiro de 2018Paul Urkijo e Eneko Sagardoy17171 de marzo de 2018Ibai Llanos18185 de marzo de 2018Texxcoco 19196 de marzo de 2018Sandra Sánchez20207 de marzo de 2018María Barranco e Angy Fernández21218 de marzo de 2018Berto Romero222212 de marzo de 2018Rozalén232313 de marzo de 2018Ona Carbonell242414 de marzo de 2018David Sainz 252515 de marzo de 2018Eric Jiménez262619 de marzo de 2018Ricardo Gómez e Irene Escolar272720 de marzo de 2018Javier García «Chino»282821 de marzo de 2018Miguel Noguera 292922 de marzo de 2018Carla Cervantes e Sandra Egido30302 de abril de 2018Loulogio e Outconsumer31313 de abril de 2018Antonio Luque «Sr. Chinarro»32324 de abril de 2018Mi Hoa Lee 33335 de abril de 2018IZAL34349 de abril de 2018Andrew O'Neil 353510 de abril de 2018Quique Peinado e Manuel Burque363611 de abril de 2018Natos e Waor373712 de abril de 2018Yohanna Alonso 383816 de abril de 2018Ed is Dead393917 de abril de 2018Ingrid García-Jonsson404018 de abril de 2018Jordi ENP 414119 de abril de 2018Boa Mistura424223 de abril de 2018C. Tangana434324 de abril de 2018Alicia Sintes444425 de abril de 2018Joaquín Reyes454526 de abril de 2018José Javier Hombrados464630 de abril de 2018Belén Cuesta47472 de maio de 2018Juan Gómez-Jurado e Carla Suárez48483 de maio de 2018Ingrid García-Jonsson49497 de maio de 2018Lolito Fernández50508 de maio de 2018Gorka Urbizu51519 de maio de 2018Antoni Daimiel525210 de maio de 2018Najwa Nimri535314 de maio de 2018Borja Cobeaga545415 de maio de 2018Belén López555516 de maio de 2018Julen Lopetegui565617 de maio de 2018Salvador Espín575721 de maio de 2018Kiko Amat585822 de maio de 2018Willy Hernangómez595923 de maio de 2018Javiera Mena606024 de maio de 2018Carlas Ballarta616128 de maio de 2018Ayax y Prok e Ingrid García-Jonnson626229 de maio de 2018Carolina Marín636330 de maio de 2018Lucía Martiño646431 de maio de 2018Raúl Cimas65654 de xuño de 2018Carmen Ruiz e Fernando Tejero66665 de xuño de 2018Nathy Peluso67676 de xuño de 2018Amaya Valdemoro68687 de xuño de 2018Nacho Vegas696911 de xuño de 2018Beatriz Rico707012 de xuño de 2018Vetusta Morla717113 de xuño de 2018Javier Cansado727214 de xuño de 2018Mara Torres737318 de xuño de 2018Leonor Watling747419 de xuño de 2018Andy y Lucas757520 de xuño de 2018Pol Espargaró767621 de xuño de 2018David Verdaguer e Óscar Machancoses777725 de xuño de 2018Residente787826 de xuño de 2018Becky G797927 de xuño de 2018Maggie Civantos808028 de xuño de 2018Ingrid García-Jonnson81812 de xullo de 2018Amarna Miller82823 de xullo de 2018Paco Arévalo83834 de xullo de 2018Viki Gómez84845 de xullo de 2018Javier Coronas e Yung Beef
Tempada 2