Mirounga angustirostris é unha especie de pinnípede fócido, o elefante mariño do hemisferio norte (existe outro no hemisferio sur denominado Mirounga leonina). (ver elefante mariño en Frases e expresións) Son de gran tamaño e o macho ten unha probóscide, que utiliza para facer ruídos ruxintes extraordinariamente altos, especialmente durante as competicións de apareamento. O dimorfismo sexual en tamaño é grande: os machos pesan unhas 3,6 veces máis que as femias. En correspondencia con isto, o sistema de apareamento é moi políxino; un macho con éxito pode deixar preñadas unhas 50 femias nunha estación.

Descrición miniatura|esquerda|Cranio de M. angustirostris exhibido no Museo of Osteoloxía, Oklahoma City, Oklahoma O enorme macho desta especie pesa normalmente de 1 500 a 2 300 kg e mide de 4 a 5 m, aínda que algúns machos poden pesar ata 3 700 kg.Beer, Encyclopedia of North American Mammals: An Essential Guide to Mammals of North America. Thunder Bay Press (2004), . As femias son moito menores e pesan de 400 a 900 kg ou un terzo ou menos da masa do macho, e miden de 2,5 a 3,6 m.://www.mnh.si.edu/mna/image_info.cfm?species_id=184 Mirounga angustirostris. Northern Elephant Seal] Scammon en 1984 informou dun individuo de 7 m. Smithonian National Museum of Natural History Os machos da especie de elefantes mariños do sur son aínda máis grandes de media. Os elefantes mariños do norte viven uns 9 anos. Despois da muda, xeralmente teñen unha pelame de prateada a gris escura que se esvaece ata ter cor amarela acastañada ou parda. Os machos adultos non teñen pelo no pescozo e o peito ten manchas rosas, brancas e marróns claras. As crías son principalmente negras ao nacer.

Teñen ollos grandes, redondos e negros. A anchura dos ollos e a alta concentración de pigmentos para luz de lonxitude de onda curta suxiren que para eles a vista xoga un importante papel na captura das presas.Visual Pigment Sensitivity in Three Deep Diving Mrine Mammals Marine Mammal Science, 18(1):275-281 (xaneiro de 2002) 0 2002 by the Society for Marine Mammalogy Como todas as focas, os elefantes mariños teñen as extremidades posteriores transformadas formando a cola e a aleta da cola. Cada "pé" ten cinco dedas longas palmadas, coas que se propulsan na auga. Aínda que as patas posteriores transformadas non son moi apropiadas para desprazarse por terra, utilízanas para apoiar e impulsar o seu corpo. Poden así moverse relativamente rápido en curtas distancias, para volver á auga, interceptar unha femia ou perseguir un macho rival.

Igual que noutras focas, a circulación do sangue dos elefantes mariños está adaptada ao frío por medio dun sistema de intercambio de calor contracorrente, e unha mestura de pequenas veas con sangue frío rodea as arterias con sangue quente capturando a calor nas extremidades posteriores.

Unha característica única da especie é que desenvolveu a capacidade de almacenar eritrocitos no bazo. Nun estudo de 2004 no que se usou imaxes por resonancia magnética para observar os cambios fisiolóxicos nos bazos de cinco crías desta foca durante mergullos simulados. En 3 minutos, os bazos contraíanse como media a unha quinta parte do seu tamaño orixinal, o que indica unha contracción simpática do bazo relacionada co mergullo. Ademais, observouse un retardo entre a contracción do bazo e o incremento do hematócrito no sangue circulante atribuído ao seo hepático. Esta estrutura chea de fluído expándese inicialmente debido á rápida chegada de eritrocitos desde o bazo e lentamente libera os eritrocitos ao sistema circulatorio por medio dun esfínter muscular da vea cava na parte cranial do diafragma. Esta capacidade de introducir lentamente eritrocitos no torrente sanguíneo é probable que impida efectos daniños causados por un rápido incremento do hematócrito.

Área de distribución e ecoloxía

miniatura|350px|Nai e cría, Piedras Blancas Este elefante mariño vive na parte leste do océano Pacífico desde Baixa California cara ao norte. Pasa a maior parte do seu tempo no mar e normalmente só volve a terra para dar a luz, reproducirse e mudar a pel. Estas actividades ocorren en colonias reprodutoras que están localizadas en illas oceánicas ou praias continentais remotas. A maioría destas colonias están en California e norte de Baixa California, desde Point Reyes National Seashore, California a Illa Natividad, México. Existen colonias reprodutoras significativas nas Illas do Canal de California, Reserva do Estado de Año Nuevo, Faro de Piedras Blancas, Parque estatal de Morro Bay e as illas Farallón nos Estados Unidos,U.S. Pacific Marine Mammal Stock Assessments: 2007 (NMFS-SWFSC-414). (PDF). Consultado o 15 de setembro de 2011. e Illa Guadalupe, Illa Benito do Leste e Illa Cedros en México. Nas últimas décadas a área de reprodución estendeuse cara ao norte. En 1976 atopouse a primeira cría en Point Reyes e estableceuse unha colonia reprodutora alí en 1981. Desde mediados da década de 1990 observouse certa actividade reprodutora en Castle Rock no norte de California e na illa Shell na costa de Oregón, e en xaneiro de 2009 rexistráronse os primeiros nacementos na Columbia Británica en Race Rocks.Elephant Seal birth of baby ninene . Racerocks.com. Consultado o 15 de setembro de 2011. A poboación reprodutora en California está agora illada demograficamente da de Baixa California.

O elefante mariño do hemisferio norte mostra un extremo dimorfismo sexual no seu comportamento alimenticio. Cando os machos abandonan as colonias, migran ao norte aos seus terreos de alimentación ao longo da plataforma continental desde o estado de Washington ao oeste das Aleutianas en Alasca. O macho aliméntase maiormente de organismos bentónicos do fondo oceánico. Cando as femias abandonan as colonias, diríxense cara ao norte ou oeste ao mar aberto, e aliméntanse nunha grande área do noroeste do Pacífico. Rexistráronse exemplares mesmo en Hawai. As femias comen principalmente organismos mariños na columna de auga.

É posible que aparezan elefantes mariños errantes en zonas tropicais como as illas Marianas. Descoñécense datos históricos da presenza residencial ou ocasional no norte do Pacífico. Houbo dous rexistros de exemplares errantes que visitaron as costas do Xapón; un macho en Niijima en 1989 (referencia que presenta unha visita dunha baleaa Eubalaena japonica en 2011) e unha foca nova nas praias de Hasama, Tateyama en 2001. consultada o 14-05-2015 (onde se observou outra balea en 2000). Unha femia de 2,5 metros atopouse na praia Sanze, Tsuruoka, Yamagata en outubro de 2017, o que é o primeiro rexistro no mar do Xapón. Observáronse algúns individuos nas costas do nordeste de Asia. Certos exemplares estableceron sitios de descanso nas illas do Comandante a inicios da década de 2000; pero, debido ás interaccións agresivas cos leóns mariños Eumetopias jubatus, non se espera que se produza unha colonización a longo prazo.

miniatura|esquerda|Macho adulto de M. angustirostris en Point Reyes National Seashore, California

O comportamento de mergullo está relacionado co modo de alimentación e é distinto nos dous sexos. As femias aliméntanse no mar aberto, mentres que os machos o fan na plataforma continental. Os machos adoitan mergullarse directamente ata o leito do océano e permanecen no fondo alimentándose de presas bentónicas. As femias cazan presas peláxicas en mar aberto, e mergúllanse máis profundamente (ata os 1 700 m, pero como media a uns 500 m) e permanecen baixo a auga durante máis tempo que os machos, pero teñen rutas de mergullo máis abruptas (con subidas e baixadas). Os elefantes mariños do norte comen unha gran variedade de presas, incluíndo peixes mesopeláxicos como mictófidos, luras de augas profundas, pescadas do Pacífico da especie Merluccius productus, crustáceos peláxicos, tiburóns, raias e peixes rato. Unha presa común é a lura Octopoteuthis deletron, e un estudo atopou esta especie nos estómagos do 58% dos individuos mostreados na costa de California. En 2013 documentouse o caso dunha femia á que se lle colocou unha cámara, que chegou a 894 m de profundidade, onde comía os mixíns do Pacífico da especie Eptatretus stoutii, sorbéndoos do fondo do océano.Outdoor . GrindTV. Consultado o 18 de marzo de 2018. Os elefantes mariños non beben, xa que obteñen auga dos alimentos e do metabolismo das graxas.

Cando cazan nas escuras profundidades do mar, parecen localizar as presas polo menos en parte pola vista, xa que a bioluminescencia dalgunhas das súas presas facilitan a súa captura. Os elefantes mariños non teñen un sistema de ecolocalización como o dos cetáceos, pero crese que as súas vibrisas sensibles ás vibracións xogan un importante papel na súa busca de comida.

Os elefantes mariños do norte son presas das candorcas e o tiburón branco. Ambos os dous comen máis probablemente crías e raramente machos grandes, pero poden cazar focas de todas as idades. O tiburón, cando caza adultos, normalmente fai unha emboscada á foca, dálle unha trabada e agarda a que perda sangue e se debilite para acabar de matala.White Sharks – Carcharodon carcharias. Pelagic Shark Research Foundation.

Comportamento social e reprodución

miniatura|Machos de M. angustirostris loitando para conseguiren aparearse Os elefantes mariños do hemisferio norte volven os seus lugares de reprodución terrestres en decembro e xaneiro, e os primeiros en chegar son os machos. Os machos arrástranse a praias illadas ou protexidas, xeralmente en illas ou sitios do continente moi arredados da presenza humana. É moi importante que estas áreas de praia lles ofrezan protección das tormentas invernais e da intensa acción dos grandes vagallóns. Os machos loitan entre eles pola supremacía para determinar cales serán os poucos afortunados que consigan ter un harén.

Despois de que os machos chegan a unha praia, arriban as femias para dar a luz os fillos concibidos o ano anterior. As femias fan xaxún durante cinco semanas e aleitan a súa única cría durante catro semanas; nos últimos días da lactación, as femias chegan ao estro e volven aparearse. Nesta sociedade políxina, un macho de alto rango pode ter na zona de praia que domina un harén de 30 a 100 femias, dependendo do tamaño e forza do animal. Os machos que non poden establecer haréns esperan na periferia, e intentan montar as femias próximas a esa zona. Os machos dominantes interrompen violentamente as copulacións dos machos de menor rango sempre que as observan. Os machos dominantes poden montar as femias sen interferencia, mais é frecuente que suspendan esa actividade para perseguir e acosar un rival. Aínda que as loitas non son normalmente a morte, son brutais e a miúdo con abundante derramamento de sangue e feridas; porén, en moitos casos, cando os dous rivais son moi desiguais, os machos máis novos e débiles son simplemente expulsados e deben retirarse, a miúdo ás dunas da parte alta da praia. Durante toda a súa vida, un macho con éxito neste mester pode doadamente procrear unhas 500 crías. A maioría das copulacións nunha colonia reprodutora fanas só un pequeno número de machos e o resto pode ser que nunca chegue a aparearse cunha femia. Durante as liortas entre machos ás veces as crías son esmagadas por estes na confusión do combate.

miniatura|Tres crías aleitándose dunha soa femia adulta. As femias paren unha soa cría; as outras dúas deberon vagar pola praia lonxe das súas nais e acabaron perdéndose. Nesta situación, ningunha das crías vai obter leite dabondo.