Etelvino Blanco Rodríguez, nado no Carballiño en 1955 e finado en Ourense o 11 de xullo de 2019, foi un sindicalista e político galego."Muere Etelvino Blanco, histórico del sindicalismo en Galicia" Faro de Vigo, 11/7/2019 .

Traxectoria Naceu na parroquia de Señorín, e foi o introdutor do sindicalismo nacionalista no seu concello en 1977 primeiro da man da Intersindical Nacional Galega que deu lugar á INTG en 1981. Logo da formación da CIG, foi o seu secretario comarcal en Ourense dende 1994 ata 2017."A VII Asemblea da CIG de Ourense escolle a Anxo Pérez Carballo novo secretario comarcal". CIG, 11/6/2017. Nas eleccións municipais de 2019 foi o candidato á alcaldía de Ourense por Ourense Mellor.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Noela Blanco

Bibliografía

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes