Andrea Zapata-Girau, nada en Vigo o 26 de novembro de 1986, é unha directora de cinema galega.

Traxectoria Estudou música no conservatorio Mayeusis de Vigo e na Guildhall School of Music & Drama, comunicación audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, licenciouse na TAMK School of Art, Music & Media da Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere, na especialidade de montaxe cinematográfica.

Os seus filmes foron programados en festivais como o Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana, Festival Internacional de Cinema das Palmas de Gran Canaria, Internationale Kurzfilmtage Winterthur, Zinebi, Curtocircuíto e espazos como a Filmoteca Española (Madrid), Cineteca (Matadero Madrid), CCCB (Barcelona), Museo Sitio de Memoria (Bos Aires), teatro Symphony Space (Nova York) e o Gran Salón de Oración da sinagoga de Toledo.

En 2023 recibiu en Finlandia a prestixiosa bolsa da fundación KONE para investigación, arte e cultura.

Obra Jiskra (curtametraxe) Red (curtametraxe) Guitarra de palo (longametraxe) Aava (curtametraxe parte de Visións) Ruovesi (curtametraxe)

Premios A súa curtametraxe Aava, integrada na película colaborativa Visións, recibiu o premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real do Festival de Cans en 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1986