Goura é un xénero de aves columbiformes, da familia dos colúmbidos, o único da subfamilia dos gurinos, que comprende catro especies (ou tres, segundo os autores), endémicas de Nova Guinea e illas adxacentes.

Son os membros máis grandes da familia. As catro especies son moi parecidas, e non son simpátricas xeograficamente.

Xunto coa pomba de Nicobar (Caloenas nicobarica) e a pomba manumea (Didunculus strigirostris) están estreitamente relacionadas cos extintos dodo e o solitario de Rodrigues.

Características Aliméntanse de froitos caídos, sementes e caracois do solo da selva. Machos e femias son case idénticos, pero durante a época de celo o macho arrola e exhíbese para a femia. Ambos os sexos incuban un único ovo durante 28 ou 30 días, e o pito tarda outros 30 días para emplumar. A lonxevidade máxima pode ser superior a 20 anos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1819 polo naturalista inglés James Francis Stephens,Goura Stephens, 1819 no ITIS. na páxina 119 da súa obra General Zoology, e a especie-tipo é Goura cristata, que foi descrita en 1764 por Peter Simon Pallas co nome de Columba cristata.

Etimoloxía O nome Goura é unha adaptación ao latín científico dun nome local dos nativos de Nova Guinea.goura no Merriam Webster Dictionary.

Especies As catro especies de Goura son:Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1, 2019, do Congreso Ornitolóxico Internacional. Goura cristata (Pallas, 1764) Goura scheepmakeri Finsch, 1876 Goura sclaterii Salvadori, 1876 Goura victoria (Fraser, 1844)

Porén, o ITIS só recoñece tres: Goura cristata (Pallas, 1764) Goura scheepmakeri Finsch, 1876 Goura victoria (Fraser, 1844)

Considerando a Goura sclaterii Salvadori, 1876 como unha subespecie de G. scheepmakeri, Goura scheepmakeri sclaterii Salvadori, 1876.Goura scheepmakeri sclaterii Salvadori, 1876 no ITIS]].

Filoxenia Un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 descubriu que as catro especies do xénero formaban dous pares: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Baptista, L. F.; P. W. Trail & H. M. Horblit (1977): "Family Columbidae (Pigeons and Doves)". En: del Hoyo, Josep; Andrew Elliott & Jordi Sargatal : Handbook of the Birds of the World. Volume 4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-22-1.

Outros artigos Columbiformes Rafinos Pomba de Nicobar Dodo Solitario de Rodrigues

Ligazóns externas Goura na ADW. Goura Stephens 1819 na EOL.

Categoría:Colúmbidos Categoría:Aves de Nova Guinea