Iecava (en letón Iecava, en polaco Ekawa) é unha cidade de Letonia. Forma parte da rexión administrativa de Zemgale, no Municipio de Bauska, antes de pertencer a Bauska, reorganización aprobada no ano 2021, ocupou o seu propio rango de Municipio de Iecava. Ocupa veciñanza coa capital do país ao localizarse a 46 km de Riga. O parque principal da cidade acolle o maior número de niños de corvos do país.
Historia miniatura|dereita|Cemiterio de soldados soviéticos da segunda guerra mundial.
Iecava foi un dos campos de batalla entre tropas rusas e prusianas baixo o mando de Napoleón durante o seu intento de invasión ao Imperio Ruso. Na primeira guerra mundial voluntarios fineses achegaron en Iecava suficiente artillaría para conter o ataque do xeneral Radko Dimitriev contra tropas alemás. Iecava Na vila hai un cemiterio formado por 1116 tumbas de soldados soviéticos caídos alí en batalla no ano 1944. Iecava Economía A industría avícola e en concreto a produción de ovos, con case dous millóns ao día lideran a economía en Iecava. Balticovo posúe a súa factoría nos lindes da vila. Iecava
Notas
Categoría:Cidades de Letonia