miniatura|Consagración do primeiro bispo István Miklósy, que bendice aos fieis coa cruz. A arquieparquía de Hajdúdorog (en ; en ) é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina húngara. En 2016 contaba con arredor de 110.000 fieis bautizados. O seu arcebispo dende 2008 é Fülöp Kocsis.

Territorio A arquieparquía comprende a maior parte do territorio de Hungría, agás os condados de Szabolcs-Szatmár-Bereg, Heves, Nógrád, Borsod-Abaúj-Zemplén, e agás unha pequena parte do de Hajdú-Bihar. A arquieparquía limita ao sueste coa eparquía de Križevci, ao leste coa de Bratislava, ao norte coas de Miskolc e Nyíregyháza, e ao sur coas de Oradea Mare, Lugoj e San Nicolao de Ruski Krstur.

A sé arcebispal está na cidade de Hajdúdorog, onde está a catedral da Nai de Deus. O territorio está organizado en 42 parroquias. Historia A eparquía de Hajdúdorog foi erixida o 8 de xuño de 1912 coa bula Christifideles graeci do papa Pío X, en territorios das eparquías de Prešov, Mukachevo, Gherla, Oradea Mare, da Făgăraș e Alba Iulia, e da arquidiocese de Esztergom. Orixinalmente era sufragánea da arquidiocese de Esztergom dos latinos.

A creación desta nova eparquía tivo orixe na vontade dos greco-católicos de lingua húngara de contar cunha circunscrición eclesiástica propia; malia isto, non faltaron queixas dos bispos romaneses, que consideraban a todos os fieis das súas dioceses como persoas de etnia romanesa que por mor da maxiarización abandonaran a súa lingua. A eparquía de Oradea Mare, en particular, considerou excesivo o número de parroquias que pasaron á nova diocese. Inicialmente fora proposta como sé da nova eparquía a cidade de Debrecen, mais o concello de Hajdúdorog ofreceu un amplo terreo para a construción do bispado. Os gastos para a constitución da eparquía foron apoiados polo goberno austrohúngaro e, en recoñecemento da súa contribución, o papa concedeu ao emperador o dereito de presentación do bispo. Na mesma bula coa que se erixiu a eparquía se prohibía expresamente o emprego da lingua húngara como lingua litúrxica, e se establecía o uso do grego antigo. Ademais, por mor de que a nova eparquía tiña un territorio moi amplo, dende Budapest aos Cárpatos, estaba previsto que o bispo gobernara as parroquias máis afastadas a través dun vigairo.

Como consecuencia das tensións étnicas xurdidas pola creación da nova eparquía, o 23 de febreiro de 1914 tivo lugar un atentado contra a residencia provisional do bispo István Miklósy en Debrecen. O estoupido dun paquete bomba matou a tres asistentes episcopais, entre eles ao vigairo xeral Mihály Jaczkovics; o propio bispo Miklósy escapou do atentado porque fora a chamar por teléfono noutra habitación. O atentado foi atribuído ao anarco-comunista Ilie Cătărău, un colaborador dos servizos secretos rusos e romaneses.

O 9 de abril de 1934 co decreto Apostolica sedes da Congregación para as Igrexas Orientais a eparquía cedeu 67 parroquias que, debido ao Tratado de Trianon, pasaron a estar en territorio do Reino de Romanía.

O 5 de marzo de 2011 co decreto Ut aptius spirituali da Congregación para as Igrexas Orientais a eparquía cedeu 29 parroquias ao novo exarcado apostólico de Miskolc.

O 20 de marzo de 2015 foi elevada ao rango de sé metropolitana coa bula De spiritali itinere do papa Francisco, e lle foron asignadas como sufragáneas as eparquías de Miskolc e de Nyíregyháza. Posteriormente a curia arquieparquial foi transferida á cidade de Debrecen.

Episcopoloxio Bispos de Hajdúdorog István Miklósy (23 de xuño de 1913 - 30 de outubro de 1937, finado) Miklós Dudás, O.S.B.M. (25 de marzo de 1939 - 15 de xullo de 1972, finado) Sé vacante (1972 - 1975) Imre Timkó (7 de xaneiro de 1975 - 30 de marzo de 1988, finado) Szilárd Keresztes (30 de xuño de 1988 - 10 de novembro de 2007, retirado) Arcebispos de Hajdúdorog Fülöp Kocsis (dende o 2 de maio de 2008)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Hajdudorog Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina húngara Hajdúdorog