O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de suspense policial que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018. Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma. A serie tivo unha boa acollida no seu lanzamento en streaming, especialmente no Reino Unido e Irlanda, onde conseguiu situarse no sétimo posto das producións en lingua non inglesa máis vistas neses países. O seu éxito, motivou a confirmación dunha segunda tempada por parte de Netflix, cuxa rodaxe comezou en decembro de 2019 e que foi estreada na TVG en marzo de 2020.

Nos Premios Mestre Mateo 2018 gañou o galardón á mellor serie de televisión, estando nomeada a un total de oito categorías.

Sinopse Ambientada no ano 2010, a historia desenvólvese na véspera da chegada do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela. A acción prodúcese nunha vila illada do interior de Galicia, onde unha moza conflitiva, Marta Labrada, é secuestrada. Rosa Vargas é a axente de policía encargada da investigación do caso, contando coa axuda de dous axentes locais. Porén, o caso non é tan sinxelo como semellaba nun principio e a investigación destapa toda unha serie de crimes que permaneceran ocultos na vila "onde nunca pasa nada".

Elenco

1ª tempada

María Mera como Rosa Vargas Toni Salgado como Mauro Seoane Miquel Insua como Alberte Sara Sanz como Rebeca Lucía Álvarez como Luisa Manuel Cortés como Xavier Denís Gómez como Bernabé Ricardo de Barreiro como Vidal Nerea Barros como Ana

2ª tempada

María Mera como Eva Mayo Santi Prego como Raúl Salgado Noelia Castaño como Laura Nogueiras Rebeca Stones como Lidia Fernández / HuiChi Sara Sanz como Rebeca Seoane César Cambeiro David Seijo como Miranda

Produción Rodaxe A rodaxe produciuse en maio de 2018, e rematou o 22 de xuño, con localizacións exteriores en Abegondo, A Estrada, Vedra e Santiago de Compostela, e nos estudios de CTV en Teo.

A rodaxe da segunda tempada comezou en decembro de 2019.

Estrea A serie preestreouse o 1 de outubro de 2018 no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión en lingua galega