Non confundir co Premio Sanford Saltus de Medalla da American Numismatic Society.

A Medalla John Sanford Saltus é a máxima distinción da Sociedade Británica de Numismática (British Numismatic Society). Concédese cunha periodicidade trianual para recoñecer contribucións académicas destacadas á numismática británica."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.

Historia Esta medalla estabeleceuse en 1910 a partir da doazón feita á Sociedade polo pintor e escultor estadounidense John Sanford Saltus (1853-1922), quen fora anteriormente o seu presidente.

Malia estar concibida inicialmente para se basear nas publicacións feitas no British Numismatic Journal, as normas foron reformuladas en 2005 para abranguer a totalidade das publicacións dun estudoso en materia de numismática británica.B. L. B. (1911).

Características Trátase dunha medalla cuñada en ouro, deseñada polo artista Frank Bowcher. O seu peso é de 46,49 gramos e o seu diámetro de 44 milímetros."John Sanford Saltus Gold Medal ". The Fitzwilliam Museum. Cambridge.

Anverso: imaxe de Britannia en pé cos seus habituais atributos do escudo e o tridente, rodeada pola lenda: THE BRITISH NUMISMATIC SOCIETY. Reverso: na parte superior hai unha grilanda coroada e coa data MCMX no seu interior. No campo da medalla lese esta lenda: THE JOHN SANFORD SALTUS MEDAL AWARDED TO [nome do premiado] FOR SCHOLARLY CONTRIBUTIONS TO BRITISH NUMISMATICS [data de concesión. Nalgunhas edicións hai pequenas alteracións desta lenda."British numismatic Society, Sanford Saltus Medal ". Timothy Millett Limited.

Galardoados coa Medalla Sanford Saltus 1910: P. W. P. Carlyon-Britton. 1911: H. Farquhar. 1914: W. J. Andrew. 1917: L. A. Lawrence. 1920: H. W. Morrieson. 1923: H. A. Parsons. 1926: G. R. Francis. 1929: J. Shirley Fox. 1932: C. Winter. 1935: R. Carlyon-Britton. 1938: W. C. Wells. 1941: C. A. Whitton. 1944: (non concedido) 1947: R. C. Lockett. 1950: C. E. Blunt. 1953: D. F. Allen. 1956: F. Elmore Jones. 1959: R. H. M. Dolley. 1962: H. H. King. 1965: H. Schneider. 1968: E. J. Winstanley. 1968: C. W. Peck (póstumo). 1971: B. H. I. H. Stewart. 1974: C. S. S. Lyon. 1977: S. E. Rigold 1980: M. M. Archibald. 1983: D. M. Metcalf. 1986: J. E. L. Murray (Joan Clarke). 1989: H. E. Pagan. 1992: C. E. Challis. 1995: J. J. North. 1997: P. Grierson (premio especial). 1999: R. H. Thompson. 2002: E. M. Besly. 2005: P. Woodhead. 2008: M. A. S. Blackburn. 2011: M. R. Allen. 2014: N. J. Mayhew. 2017: N. M. McQ Holmes.

2020: D. Dykes. 2023: B. J. Cook.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

B. L. B. (1911). "The John Sanford Saltus Gold Medal". En American Journal of Numismatics. Vol. 45. Nº 2. Páxinas 67-68. Abril. American Numismatic Society.

Outros artigos

British Numismatic Society

Ligazóns externas

Sitio web da British Numismatic Society

Categoría:Medallas Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios do Reino Unido Categoría:British Numismatic Society