O Premio Parkes Weber é un dos galardóns que outorga anualmente a Real Sociedade Numismática (Royal Numismatic Society), de Londres, como recoñecemento da investigación orixinal levada a cabo por un numismático menor de 30 anos, de calquera nacionalidade, acerca dalgún asunto relacionado coa numismática."The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society.RNS (2005). Páxina iii.
Historia O premio tomou o nome do numismático británico Frederick Parkes Weber. A Royal Numismatic Society instituíuno en 1954 e está baixo a administración do seu consello de dirección.
Nas súas bases prevese que con el se recoñeza un ensaio orixinal escrito en inglés, de non máis que 5.000 palabras, acerca de calquera aspecto relacionando coas moedas, as medallas, as fichas comerciais ou o papel moeda.
O premio ten unha dotación económica de 150 libras (en 2019) e os galardoados reciben tamén unha placa co retrato de Frederick Parkes Weber deseñada por Frank Boucher. A placa, fundida en bronce, é rectangular (curvada pola parte superior) e ten unhas medidas de 47 x 67 mm, e un peso de 74,99 gramos."Parkes Weber Prize ". The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
Galardoados co Premio Parkes Weber Esta é unha listaxe dos investigadores premiados co Premio Parkes Weber desde o seu establecemento en 1954:
1954: D. W. Dykes. 1955: D. M. Metcalf. 1956: I. Stewart. 1959: D. Nugus e D.E. Hanson. 1965: P. O’Shea. 1966: C. M. Hake. 1967: S. Leggett. 1968: I. C. Thomson. 1969: M. R. Curry. 1970: H. Emary. 1971: M. A. Guilding. 1972: M. A. S. Blackburn e S. Cope. 1974: G. C. Kump. 1975: M. Flower e A.G. Wager. 1976: K. Costello. 1977: R. Macpherson. 1978: M. B. Pearson. 1979: R. B. Sampson. 1982: M. J. Druck. 1983: N. Summerton. 1991: M. Rockman. 1992: H. S. Kim. 1993: E. Theran. 1994: J. Orna-Ornstein. 1997: S. Armstrong, T. C. Crafter e P. Kiernan. 2000: E. L. Cheung. 2002: P. Kiernan. 2003: S. Skaltsa. 2004: N. Elkins. 2005: R. Naismith. 2006: Di Hu. 2008: R. Day. 2011: L. Proctor. 2012: T. Waldwyn. 2013: M. Naiman e V. Collins. 2014: M. Andrews e Supratik Baralay. 2015: M. Economou. 2018: G. Green e Ch. Mann."RNS Prizes 2018: The Parkes Weber Prize". No sitio web da RNS. 2020: Sophie Hemmings. 2021: Bridget McLean. 2022: Annika Ester Maresia. 2024: Bradley Hopper. 2025: James Hua.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Royal Numismatic Society
Bibliografía
RNS (2005). "Medals and Prizes of the Society". En The Numismatic Chronicle. Vol. 165. Páxinas iii-vi. Royal Numismatic Society.
Ligazóns externas
Sitio web da Royal Numismatic Society
Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios do Reino Unido Categoría:Royal Numismatic Society