María Paz Parada Pumar, nada en Canedo (Ourense) o 23 de febreiro de 1905 e finada en Ourense o 17 de xullo de 2005La Región, 18 de xullo de 2005., foi unha médica galega, especialista en análise clínica. Traxectoria Era filla dun veterinario e sobriña do pintor Ramón Parada Justel. Fixo o bacharelato no Instituto provincial de Ourense. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, alí fixo os dous primeiros anos da carreira sacando matrícula de honra co anatomista Alejandro Rodríguez Cadarso. Na carreira era a única muller entre sesenta estudantes. Rematou a carreira en Madrid. Foi vivir a Ourense, sendo a primeira muller inscrita do Colexio Provincial de Médicos. Dirixiu un laboratorio privado de Análises Clínicas ata a súa xubilación. Foi nai de oito fillos.
A Consellaría de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla de Prata ao Mérito Sanitario de Galicia no ano 2000. Morreu en Ourense o 17 de xullo de 2005, xa centenaria.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, Xoana. (2016). As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. [Tese de doutoramento] , Galaxia, Vigo.
Outros artigos Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas Residencia de Señoritas Ligazóns externas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Médicos de Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela