Åsa Elena Larsson, nada en Uppsala (Suecia) o 28 de xuño de 1966, é unha escritora sueca de novela negra, creadora da avogada Rebecka Martinsson, protagonista das súas obras.
Traxectoria Aínda que naceu en Uppsala, educouse en Kiruna a partir dos catro anos e actualmente vive en Mariefred. Estudou Dereito na Universidade de Uppsala e exerceu a súa profesión no campo das leis tributarias antes de dedicarse a escribir. Confesou que descubrira o pobre que era a súa vida durante a baixa maternal: "Buscaba a diversión dentro da miña cabeza", explicou en Bilbao, agregando que a atopou na literatura, tanto como lectora ou como escritora.
Educouse no laestadianismo, un movemento luterano conservador, e cre que o seu afán por escribir novela negra vén das súas lecturas infantís da Biblia, que afirma, "está chea de historias violentas". O seu pai, bibliotecario e de ideas comunistas, guiouna cara á literatura.
Coa súa primeira obra editada en España en 2009, Solstorm (traducida como Aurora Boreal), en cinco meses, vendera 110.000 exemplares en 14 edicións, segundo datos da propia editorial.
Obra A protagonista das súas novelas, Rebecka Martinsson, tamén estudou leis en Uppsala, e as historias transcorren na vila mineira de Kiruna, situada preto do círculo polar ártico.
Cultura popular En 2007, o director sueco Leif Lindblom levou ao cine Solstorm, a primeira novela de Larsson, que fora publicada catro anos antes.
Non garda ningún parentesco co famoso escritor sueco Stieg Larsson, a pesar da coincidencia do apelido, pero si é neta do esquiador olímpico Erik August Larsson que gañou unha medalla de ouro na olimpiada de 1936.
Recoñecementos
Premio da Asociación de Escritores Suecos de Novela Negra 2003 á mellor ópera prima por Solstorm (en galego: Aurora boreal) Mellor Novela Negra de Suecia 2004 por Det blod som spillts Pluma de Prata da Feira do Libro de Bilbao 2010 por Solstorm.Asa Larsson recibe a Pluma de Prata, vídeo en Youtube da Axencia EFE, 07.06.2010; acceso 14.03.2012 Mellor Novela Negra de Suecia 2012 por Till offer åt Molok
Obras
Serie de Rebecka Martinsson
Solstorm, (2003), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral. Det blod som spillts, (2004), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral. Svart stig, (2006), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral. Till dess din vrede upphör, (2008), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral. Till offer åt Molok, (2012), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
Outras
2003 - Upptäck jorden 2005 - Aurinkomyrsky 2007 - Systrarna Hietala (historias curtas) 2009 - Guds starka arm (coescrito con Lena Andersson) 2012 - Tjernaja Tropa
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Åsa Larsson en castelán Páxina de Larsson en Seix Barral Páxina de Larsson en Random House, en inglés
Categoría:Nados no condado de Uppsala Categoría:Nados en 1966 Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala