Nikola Milutinov, nado o 30 de decembro de 1994 en Novi Sad, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no PBC CSKA Moscova da VTB United League.
Traxectoria Milutinov debutou coma profesional no KK Hemofarm serbio na tempada 2011-12. En xuño de 2012, Milutinov asinou un contrato por catro anos co KK Partizan.
O 25 de xuño de 2015, Milutinov foi elixido na 26ª posición do Draft da NBA de 2015 polos San Antonio Spurs.
O 25 de xullo de 2015, Milutinov asinou un contrato por tres anos co Olympiacos BC grego. En outubro de 2017, Milutinov e o Olympiacos chegaron a un acordo para prorrogar o seu contrato tres tempadas máis.Olympiacos extended Milutinov for three more years
O 2 de xuño de 2020, Milutinov asinou un contrato de tres anos co PBC CSKA Moscova ruso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Novi Sad Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do KK Hemofarm Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024